O grupo de gaitas Retrouso de Cela ten unha ampla experiencia participando en eventos como vodas, aniversarios de voda (vodas de prata, vodas de ouro), comuñóns, aniversarios e eventos en xeral. Non en balde, levan actuando en ocasións especiais coma esas desde 2007.
Se o que buscas é un grupo de gaitas para vodas de confianza, que non che falle chegado o día, con Retrouso témolo asegurado. Aínda que no pasado contou con formacións máis amplas (4 gaitas, 3 tambores, 2 bombos, 3 pandeiretas…), pouco a pouco foi depurando o seu espectáculo para centrarse no cuarteto tradicional (2 gaitas, tambor e bombo) ou no quinteto (sumando pandeireta). Buscamos así maximizar o impacto escénico e a calidade musical do espectáculo.
Podes contactar co grupo de gaitas Retrouso por WhatsApp ou teléfono no +34 686 44 01 08 (Rubén) ou a través do correo retrouso[@]gmail[.com]
Pola súa longa experiencia e polos gaiteiros de traxectoria, este grupo ten repertorios especiais para vodas, pois non é o mesmo tocar nun pasarrúas que nunha voda.
Actuando en formato de cuarteto tradicional nunha voda na Estrada (Pontevedra) no verán de 2022.
Como se adapta o grupo de gaitas Retrouso ás vodas
Nunha voda hai distintos momentos para a gaita: hai que saber interpretar cando tocar, escoller o repertorio axeitado e, no directo, saber ler a reacción da xente para conducir as pezas da mellor maneira.
- Á chegada á igrexa ou lugar da cerimonia: Recoméndanse pezas solemnes e lentas (marchas, alboradas…) que dean realce ao momento. Co traxe tradicional galego de gala resulta estético e fotoxénico.
- Á saída da igrexa: O ambiente pide ledicia, con muiñeiras, pasodobres ou rumbas que celebren o momento.
- No cóctel: O grupo acompaña en segundo plano, facendo unha entrada musical fermosa e, se procede, guiando a noivos e convidados cara ao salón.
- Na sobremesa: Menos habitual, pero posible en vodas que gustan da música tradicional, con vals para os noivos, pasodobres para os padriños e muiñeiras para bailar todos.
Se se prepara con tempo, pódese incluír algún tema especial a petición dos noivos, sempre dentro do repertorio tradicional de gaita.
Que achega Retrouso á túa voda ou evento?
- Experiencia: máis de 15 anos actuando como grupo de gaitas para vodas en toda Galicia.
- Fiabilidade: ao formar parte dunha asociación máis ampla, hai garantía de dispoñibilidade aínda que cambie a formación.
- Personalización: adaptámonos á idea de evento e buscamos a mellor solución para un resultado inesquecible.
Vídeos
Podes comprobar o noso nivel no canal de YouTube de Retrouso de Cela:
https://www.youtube.com/watch?v=ln5Gp2YYkEQ
Gravacións máis recentes, do verán de 2022, inclúen muiñeiras, a Rumba Rembumba, “A Volta da Festa” dos Gaiteiros de Soutelo ou esta Muiñeira do Quinteto:
https://www.youtube.com/watch?v=7jm0VUR5qKI
Preguntas frecuentes
¿Imos co traxe tradicional?
Si, é o máis habitual. Case sempre actuamos co traxe galego de gala.
¿Canto dura a actuación?
Depende das peticións dos noivos. Pode ser só na entrada, saída ou en 2-3 momentos da cerimonia. No cóctel adoita ser de menos dunha hora.
¿Canto custa?
Estamos en Bueu (Pontevedra). Pola zona de O Morrazo, Pontevedra e Vigo o prezo adoita estar entre 400-500 €, segundo a formación. En lugares máis afastados cóbrase un extra por desprazamento. Temos actuado incluso en Mallorca e Madrid, con prezos especiais.
Exemplos de vodas nas que tocamos
- Igrexa de Cela (Bueu)
- Restaurante Loureiro (Bueu, O Morrazo)
- Pazo de Santa Cruz (Bueu)
- Restaurante Pescador (Bueu, Pontevedra)
- Igrexa de Santomé (Marín, Pontevedra)
- Mesón do Arrieiro (Marín)
- Restaurantes de Moaña (O Morrazo)
- Igrexa de Cangas do Morrazo
- Restaurante Rocamar (Baiona)
- Igrexa de Poio
- Bodegas de Cambados (Agro de Bazán)
- Casa Rosita (Cambados)
- Hotel Hesperia Finisterre (A Coruña)
- Castelo de Soutomaior
- Concello da Cañiza (Pontevedra)
- Pazo de Señoráns (Meis)
- Pazo San Tirso (Abegondo, A Coruña)
- Casa Rural Videira (Bueu)
- Pazo de Cores (A Baña, A Coruña)
- Finca Batacos (Pontevedra)
E moitos máis.
📩 Para máis información:
- Email: retrouso[@]gmail[.com]
- WhatsApp/teléfono: +34 686 44 01 08 (Rubén)
Estaremos encantados de formar parte dun día tan especial na túa vida.
