
Esta imaxe representa unha zanfona antiga, cando as formas redondeadas das caixas harmónicas aínda non se impuxeran no eido musical. Hai quen defende que a forma redondeada das zanfonas modernas responde a que, na súa recuperación no século XVIII, os artesáns aproveitaron as caixas doutros instrumentos que caíron en desuso, como o laúde.
Na actualidade os artesáns aseguran que unha forma redondeada mellora o son do instrumento. Probablemente a forma cadrada sexa unha reminiscencia arcaica, case medieval, como se pode observar na miniatura das Cantigas de Santa María, onde as zanfonas tamén presentan esta figura.
A fotografía está tirada do portal da Asociación Ibérica da Zanfona.
| O renacer da zanfona |