Percorrido musical histórico
a través da zanfona

1904: Aires d'a terra
Aires d'a terra
A Tiracolo

O coro galego Aires d'a terra gravou o primeiro disco de música galega da historia. Unha empresa de gravación francesa desprazouse ata A Coruña para o acontecemento. No disco, o folclorista Perfecto Feijoo interpreta algunha peza con zanfona. O son é de mala calidade, algo perfectamente comprensible despois de tantos anos. A peza titúlase Coplas de cego (24")

1949: Faustino Santalices
Gravaciones históricas de zanfona
Boa Music

No 1949, un galego de máis de 70 anos viaxou a Madrid para gravar un disco completo coa súa zanfona. Chegou, gravou e marchou, sen necesidade de repetir en ningún momento. Santalices é o mellor investigador sobre a zanfona en España da primeira metade do século XX. Boa parte do repertorio deste disco foi utilizado despois por outros intérpretes. A peza é o Romance de don Gaiferos (21").

Portada do primeiro cedé de Fuxan os Ventos no 19761976: Fuxan os ventos
Os seus primeiros álbumes en discos
Rama Lama

A finais dos anos 60 e comezos dos 70 apareceu en Galicia a canción protesta. Algúns dos intérpretes, como Miro Casabella, Amancio Prada ou Mini Rivas, en Fuxan os ventos, achegáronse á tradición galega para compoñer algunhas das súas cancións. Este fragmento está inspiotado nunha das pezas gravadas por Santalices. Titúlase: Canto de cego (21")

1987: Grupo didáctico da Universidade Popular de Vigo
Instrumentos musicais populares galegos
Sonifolk

Nos anos 80, o artesán Antón Corral pasa a dar clases na Universidade Popular de Vigo. Nesa escola municipal concéntraronse naquela época un reducido pero exquisito grupo de músicos e artesáns dos que varios se converteron en coñecidos artistas, como Carlos Núñez ou Anxo Pintos. No 1987 este grupo de mozos viaxou ata Lisboa para gravar un disco didáctico onde se facía a presentación dos instrumentos tradicionais galegos. Esta peza de zanfona titúlase Lembranzas (29").

1990: Milladoiro
A Galicia de Maeloc
Dial Discos

Ao mesmo tempo, desenvolvíanse varios grupos de música folk ou música celta que collían os instrumentos galegos e tentaban achegalos á modernidade con novas composicións e arranxos. Un dos mellores e máis coñecidos é Milladoiro. Neste fragmento, Antón Seoane toca A bruxa (27").

1993: Noitarega
Noitarega
Sonifolk

Da zona de Vigo e do contorno da Universide Popular saíron outros grupos de corte máis tradicional, cuartetos ou quintetos que empezarona a incluír a zanfona como modo de expresión. Xaime Rivas interpreta Mazurca para Teresa (24")

2001: Berrogüetto
Hepta
Boa Music

Anxo Pintos, de Berrogüetto, levou a técnica da zanfona a cotas de calidade moi altas nos últimos anos. Na canción Samesugas (25") percibimos por onde van as remozadas posibilidades interpretativas da zafona tradicional galega.

2003: Os Cempés
Moe a Moa
Madame Mir

Este grupo ferrolán foi o primeiro que gravou un disco coa zanfona contemporánea de inspiración francesa. Óscar Fernández xoga co efecto rítimico do can na peza A moa (25")

2004: Germán Díaz
El suéter de Claudia
Producciones Efímeras

O intérprete valisoletano Germán Díaz toca jazz, blues ou o que se lle tercie. A súa zanfona tamén é contemporánea. No disco afonda nas posibilidades interpretaivas do instrumento. En Nube (30") está claro desde o principio o son do can.

 

 

 

 

 

Imaxe de zanfona
"O vello da zanfona" do fotógrafo Pintos en 1924
Faustino Santalices, estudoso da zanfona
Detalle das Cantigas de Santa María de Afonso X
Representación dunha zanfona antiga rústica
O filósofo Rousseau tocando a zanfona
O folclorista Perfecto Feijoo posa cunha zanfona
Correo electrónico
O renacer da zanfona