Faustino Santalices tocando a zanfona

Faustino Santalices (1877-1960) está considerado o investigador máis importante de zanfona en España da primeira metade do século XX. Este gaiteiro de Bande quedou prendado da zanfona cando de mozo lla escoitou tocar a un cego.

No 1927 gravou dúas pezas con este instrumento. Estudou, recolleu e mellorou tecnicamente a zanfona. No 1949 editou en Madrid un disco completo, titulado Gravaciones históricas de zanfona. Tamén escribiu o primeiro libro español sobre este instrumento: La zanfona (1956).

Co apoio da Deputación de Lugo, fundou nesa cidade un Taller-Escola de Instrumentos Galegos no que formou artesáns para que a tradición da zanfona ibérica non se perdese.

 

 

 

 

 

Imaxe de zanfona
"O vello da zanfona" do fotógrafo Pintos en 1924
Faustino Santalices, estudoso da zanfona
Detalle das Cantigas de Santa María de Afonso X
Representación dunha zanfona antiga rústica
O filósofo Rousseau tocando a zanfona
O folclorista Perfecto Feijoo posa cunha zanfona
Correo electrónico
O renacer da zanfona