Pefecto Feijoo, zanfoñeiro

A zanfona espertou a curiosidade de tódolos folcloristas de finais do XIX e comezos do século XX. Un dos primeiros e máis destacados foi o boticario Perfecto Feijoo (1858-1935). Este gaiteiro recolleu melodías vocais, de gaita e tamén de zanfona. Foi o impulsor e director do coro galego Aires d'a terra, que gravou o primeiro disco de música galega no 1904.

Nesta foto, posa en 1919 para o fotógrafo Pelayo Mas que titulou a imaxe Perfecto Feijoo, zanfoñeiro. A imaxe está incluída no libro Galicia en blanco y negro (Espasa Calpe, Madrid, 2000), de Ramón Pernas, Xosé Enrique Acuña e José Luís Cabo.

Ademais de coa zanfona, Feijoo aparece vestido coma se fose un cego ambulante de finais do século XIX.

 

 

 

 

Imaxe de zanfona
"O vello da zanfona" do fotógrafo Pintos en 1924
Faustino Santalices, estudoso da zanfona
Detalle das Cantigas de Santa María de Afonso X
Representación dunha zanfona antiga rústica
O filósofo Rousseau tocando a zanfona
O folclorista Perfecto Feijoo posa cunha zanfona
Correo electrónico
O renacer da zanfona