Libro de visitas

                                                                                                

 
Google
 

 

 O director Luís Avilés Baquero impartirá o primeiro Seminario de Cine de Bueu

Retrouso / Bueu 

Os días 2, 3 e 4 de abril, Bueu será sen dúbida a capital cinematográfica do Morrazo. O Cineclube de Bueu organiza pra esas datas un Seminario no que se traballará intensivamente sobre a linguaxe cinematográfica e o paso do guión ó celuloide. O cursiño ocupará completamente as horas do sábado 3, a tarde do venres 2 e a mañá do domingo 4. A cota de inscrición é de 30 euros e debe efectuarse na Casa da Cultura de Bueu antes do 28 de marzo. 

O profesor, Luís Avilés Baquero (na fotografía), é o fillo do recentemente homenaxeado co Día das Letras Galegas, Antón Avilés de Taramancos. Naceu en Bogotá no 1969 aínda que leva ben tempo facendo carreira por España. Estudou cinematografía no Centre d’Estudis Cinematografics de Catalunya e traballa a miúdo na produción de spots publicitarios e vídeo clips.  

Moi relacionado con Noia, vila de seu pai, participou na creación da produtora “Proavis”. A súa primeira curtametraxe en 35 milímetros, “A Subela” (2002) foi seleccionada pola Xunta prá promoción externa do audiovisual galego. No 2003 realizou un documental sobre a vida e obra de seu pai prá TVG.