Libro de visitas

                                                                                                

 
Google
 

 

O novo disco de Quempallou percorrerá o mundo todo, mais non pisará O Morrazo na súa xira de presentación

 

Retrouso / O Morrazo 

17/04/04| As “Estremonías” dos mozos de Quempallou xa están empaquetadas, todas ben quentiñas, nun cedé. Nestes momentos un bo pasteleiro está a lles pór sabores e adorniños para que a tarta, con máis fame, saiba mellor. Pero, promete o gaiteiro Guillerme Ignácio, en dous meses poderemos comer a fartar deste novo postre musical. 

Para dalo a coñecer, Quempallou emprende estes días unha xira mundial por Galicia. Esta xira, da que, por suposto, daremos cumprida información en Retrouso, comeza o 30 de abril en Outes. O 1 de maio estarán en Allariz, acomapñados de Roi Xordo. Cinco días despois actuarán en Lugo. O 8  farano en Ponteareas, o 11 en Ourense. Logo estremoniarán en Ponteceso e, xa en xuño, na Coruña e no Porriño. 

Evidentemente, nesta xira falta algo, ¡falta O Morrazo! É unha pena pero si, en principio Quempallou non volverá á casa antes do verán. Barallouse coa posibilidade do Aturuxo pero tiña o programa xa completo. De calquera modo, os de Quempallou avisan de que, así que haxa unha posibilidade, achegaranse a tocar por estes bares, quero dicir, lares.