Inicio

Quen somos

Onde estamos

Artigos

Eventos

Fotos

Ligazóns

 

 

 

 

 

 

Quempallou gravará o seu segundo disco entre febreiro e marzo

Retrouso / O Morrazo 

Xa é oficial. O rumor que viña correndo desde o Miño a Ortegal confirmouse. Quempallou, o grupo co directo máis festeiro da Galicia enteira, vaise meter no estudio a sufrir durante un mes. Será desde o 16 de febreiro ata o 12 de marzo nos estudios de Zouma Records, o selo co que tirarán o que será o seu segundo traballo discográfico. 

Polo de agora aínda non dixeron nin pío do título do traballo. Só se sabe que festa vai haber. Houbo algúns cambios na formación desde a gravación do primeiro disco. Todo parece indicar que o xiro da banda irá cara a máis pezas cantadas. Está confirmada a colaboración de Chisco, do Fiadeiro, ademais doutros dous ou tres colaboradores. 

Xusto antes de poñerse a gravar, Quempallou actuará na sala La Burbuja, de Ourense, xunto cos compañeiros de Jarbanzo Negro. Guillerme Ignácio, gaiteiro, pandeireteiro e vocalista do grupo, agarda que para abril o disco estea xa nas tendas. 

Máis información