|
|
|
||
|
“Life is too short to dance with an ugly man”. A artista alemana é coreógrafa e bailarina solista do seu espectáculo
Desde 1999 estuda música clásica da India co mestre Pandit Sankha Chatterjee. Con Josef Kiss traballa a fusión entre danza, Butoh e Body Work desde 1997, e fundan unha agrupación de danza en 2000. A estrea mundial da súa primeira cooperación coreográfica “How is this for a start to your day?” tivo lugar no 5º Festival Internacional de Solos de Danza de Stuttgard onde conseguiu un 2º premio e o premio do público. Con esta peza gañou o 1º premio no 7 MASDANZA, festival internacional das Illas Canarias 2002.
O espírito do seu novo espectáculo resúmeo a alemana neste texto: “parece ser que a nosa mirada xira arredor do Tempo. segundo a segundo o noso sistema de escritura nervioso pinta os sinais da alarma e da acción, da retirada e da fame pura. O pestanexo, a ollada quieta do ángulo visual, a ollada aberta, as esgazaduras e as fendas permanecen ó xirar os ollos. nunca vexo a miña fronte, o que non podo ver de min está exposto ó exterior, é para alguén, está con alguén. quizais nada é máis evidente cando é invisible para min. a ausencia do normal” O seu espectáculo de danza estará no Teatro Galán de Compostela os días 9, 10 e 11 de decembro ás 22 horas. |
|
||
|
|