|
|
|
||
|
Finalmente, os morracenses poderán vivir en directo na súa terra a presentación do segundo disco de Quempallou. Será, como non, no Aturuxo de Bueu O domingo 19 pola noite. Sete meses despois de estar o seu disco “Estremonías” á venda en toda Galicia e parte do estranxeiro e despois de toda a tempada de concertos deo verán. Ó fin, Quempallou tocará no Morrazo. E non será por falta de ganas dos músicos. Pero cando non hai quen os chame... En último caso tivo que ser o pub Aturuxo quen fixese xustiza nunha situación que case rozaba o delicto artístico: que o grupo máis coñecido con compoñentes da comarca non actuase na súa terra. Así que, xa que custou tanto que viñesen a Bueu, agardamos que non falte a xente... Para ver a Quempallou, o Aturuxo quedará pequeno. Estamos certos. |
|
||
|
|