|
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Eventos anteriores
30/04/05: Susana Seivane será a principal atracción musical do festival homenaxe ao gaiteiro Moxenas, en Vigo. O concerto terá lugar ás 20.30 horas na sala de concertos Caixanova. Trátase dunha homenaxe ao gaiteiro e mestre de gaita Moxenas. Vai estar presentado por Xurxo Souto. O programa inclúe a actuación de Susana Seivane. A gaiteira de Cambre vai tocar cunha formación tradicional, é dicir, estará acompañada de bombo, tamboril e acordeón diatónico. Despois de Seivane actuará o grupo Moxenas Musical Galego, que lembrarán o repertorio do histórico gaiteiro. 29/04/05: A Asociación de Mozas e Mozos de Beluso pecha o Ciclo de Cantautores coa actuación do dúo Memorium-Inti. Este dúo está composto polo guitarrista José María Herreros e pola cantante Patricia Vázquez. Estes dous artistas forman parte do colectivo CONcierto Encanto, creado na cidade da Coruña para potenciar a canción de autor. Este será o quinto e último concerto do Ciclo de cantautores deste ano organizado pola Asociación de Mozas e Mozos de Beluso, organizados prara recadar fondos para o festival A Noite do Trasno. A entrada será de 2 euros. A hora de inicio é as 21 horas.
Hoxendía é un dos representantes da música pola paz, música espiritual que, segundo el, atravesa fronteiras e razas. O de Vigo é o seu primeiro concerto da xira por España. Despois estará en Logroño, Euskadi, Madrid e Barcelona. Podes atopar máis información aquí. 22/04/05: Un dos históricos do Movemento Popular da Canción Galega, Xurxo Mares, actuará en Beluso. Mares formou parte na Coruña de bandas históricas dos 60, como “Trocanter’s”, Mitos ou Los Sombras. Nesta ocasión entrará en escena na Casa do Pobo acompañado do novo intérprete José Luís Paz. O concerto empezará ás 21 horas e a entrada custará 2 euros. 16/04/05: O Tear de Llerena presenta a súa maqueta na Revolta, en Vigo. Despois do seu paso pola Casa do Coto e por un festival en Asturies, o grupo de pandeireteiros segue a súa xira de presentación da súa maqueta A Jennifer. A maqueta está composta de seis temas baseados nas súas recollidas principalmente no Morrazo, Terra de Montes e Mondariz. O Tear, nestes momentos son: Xandre Outeiro, Xito Outeiro, Marcelino González e Guillerme Ignacio, este último coñecido pola súa traxectoria no grupo Quempallou. As pezas están pensadas fundamentalmente para o baile e a foliada e os instrumetos que se poden escoitar son a pandeireta, a gaita, o latón, o pandeiro e, por suposto, as voces. 15/04/05: Pablo Rubén Fernández e Gabriel Encinar protagonizarán o terceiro concerto do Ciclo de Cantautores de Beluso, en Bueu. Pablo Rubén Fernández, da Coruña, leva oito anos tocando en escenarios de toda Galicia. Os seus temas preferidos son os cursos a distancia e a “xente guai”. Gabriel Encinar, de Monforte de Lemos, chega cunha maior traxectoria. Leva desde o 1979 actuando nos escenarios tanto españois como franceses. Encinar editou ao longo da súa carreira tres discos. O concerto empezará arredor das nove da noite na Casa do Pobo de Beluso. A entrada é de 2 euros, 1 euro para os rapaces. Os ingresos deste ciclo, organizado pola Asociación de Mozas e Mozos de Beluso, destinaranse á organización do festival A Noite do Trasno, en agosto. 14/04/05: Carlos Núñez ofrece un recital na Coruña, no Pazo da Ópera, a partir das 21 horas.
08/04/05: Lamatumbá presenta en Vigo o seu novo disco: Lume. Vai tocar na sala La Iguana.07/04/05: Marful actúa no teatro Rosalía de Castro, na Coruña. Farao xunto a Guadi Galego e Xabier Díaz no espectáculo Ao pé da letra.02/04/05: O intérprete Rodrigo Leao actúa no Pazo da Ópera da Coruña. Ás 21 horas.02/04/05: Quempallou e os Cuchufellos participan na Romaría de santo Outelo, en Culleredo. Este santo do concello de Culleredo, a carón do monte Xalo, é avogoso da enfermidade da rabia. A tradición di que a xente aproveita a romaría para bendicir o seu cadelo.01/04/05: O Tear de Llerena presenta a súa primeira maqueta na Casa do Coto, en Tomeza. Este grupo pontevedrés de pandeireteiros acaba de gravar en estudo por primeira vez e ofrecerá un concerto na Casa do Coto para dalo a coñecer. O concerto comezará a atir das 23 horas.19/03/05: O Teatro Ensalle de Vigo recibe por segundo día consecutivo ao cantautor Samuel Leví. O vigués presentará en solitario o seu disco. Ofrecerá temas inéditos e versións das súas pezas. A entrada custa 9 euros e o concerto empeza ás 22.30 horas.18/03/05: O cantautor vigués Samuel Leví actúa no Teatro Ensalle de Vigo. Presenta o seu primeiro disco: Turno de noche. Vai estar acompañado do cantautor madrileño Marwan. O concerto vai empezar ás 22.30 horas. A entrada custa 9 euros.Máis información: www.teatroensalle.com. 18/03/05: O Auditorio de Galicia, en Compostela, acolle un concerto de Malkit Singh (Reino Unido–India). O recital, inserido no Ciclo Sons da Diversidade, empeza ás 21 horas.
13/03/05 Matarile Teatro presenta Historia natural (eloxio do entusiasmo)
ante o público de Vigo. A obra mestura teatro, danza e música en directo:
Historia Natural (eloxio do entusiasmo)
está
integrado por doce actuantes (6 actores, 2 bailaríns e un cuarteto de vento) de
distintas procedencias: Galicia, Madrid, Andalucía e Canarias. Con textos de
Ana Vallés, citas de Peter Handke, composicións orixinais de
Benjamín Otero e o espazo e a iluminación de Baltasar Patiño. Hoxe está en Vigo, no Centro Cultural Caixanova. Estreou os últimos días de xaneiro no Teatro Principal de Santiago e estivo o 19 de febreiro en Narón, concello que colaborou na realización do proxecto. Matarile teatro é un dos grupos máis senlleiros de Galicia. Naceu no 1986 e é o colectivo que xestiona o teatro galán en Compostela. 25/02/05: A sala Vademécum recibe ao grupo australiano Minit. Xunto a Minit, actuará Plumb and Plumber, de Vigo, e o pinchadiscos alemán DJ Sesion Staubgold. O concerto comeza ás 23 horas e a entrada custa 5 euros.
A obra titúlase como o texto de Cervantes El retablo de las maravillas. Trátase de cinco variacións sobre esta edición agora que Cervantes está de máxima actualidade pola celebración do IV centanario da edición do Quixote. Parte dunha trama do Quixote para construír unha parábola adaptada á actualidade, aínda que sen perder totalmente a ollada do pasado. Evidentemente, Els Joglars mantén a súa liña de ironía, crítica e diversión en escena. Actúan nesta representación: Xavier Boada, Dolors Tuneu, Pep Vila, Ramón Fontseré, Xavier Sais e Jesús Agelet, dirixidos por Albert Boadella. A obra empeza ás 20.30 horas da noite. 19/12/04 Finalmente, os morracenses poderán vivir en directo na súa terra a presentación do segundo disco de Quempallou: O domingo 19 pola noite. Sete meses despois de estar o seu disco “Estremonías” á venda en toda Galicia e parte do estranxeiro e despois de toda a tempada de concertos deo verán. Ó fin, Quempallou tocará no Morrazo.E non será por falta de ganas dos músicos. Pero cando non hai quen os chame... En último caso tivo que ser o pub Aturuxo quen fixese xustiza nunha situación que case rozaba o delicto artístico: que o grupo máis coñecido con compoñentes da comarca non actuase na súa terra.
Así que, xa que
custou tanto que viñesen a Bueu, agardamos que non falte a xente... Para ver
a Quempallou, o Aturuxo quedará pequeno. Estamos certos.
16/12/04
Leilía
celebra o seu 15º aniversario cuns concertos especiais no Teatro Galán:
Ó longo dos 15 anos de existencia de Leilía, foron moitas as anécdotas e historias que viviron xuntas aas cinco, moitos os acontecementos que lles influíron e lles imprimiron o carácter diferenciador que as caracteriza. Son vivencias que afectaron ó grupo, pero tamén a todas e a cada unha delas. Desta vez o que fan é amosar esas realidades para establecer aínda unha maior complicidade co público, ofrecerlle unha cara máis íntima de cada unha. Son de Leilía, é unha proposta creada para facerlle chegar ó público o que realmente son leilía: cinco mulleres moi diferentes, con cadansúa vida privada pero que teñen en común un Son de Leilía que as identifica e caracteriza.
O seu
espectáculo realizarase os días 16 e 18 ás 22 horas no teatro galán de
Compostela.
09/12/04
A alemana
Juschka Weigel ofrece un atraínte espectáculo de danza
contemporánea en Compostela:
Juschka
Weigel,
nacida en Alemaña, comezou a súa formación na Colombo Dance School en
Zürich. Despois recibiu unha bolsa para estudos na Merce Cunningham
School de Nova York, e para Akademy of Art en Solo, en Indonesia.
De volta en Alemaña, é co-fundadora da compañía de danza VERWANDLUNGSAMT
baixo a dirección da mestra de Butoh Anzu Furukawa. Ó mesmo tempo
principia “Dharma Body Work” dirixida por Mikki Bleider e Peter
Laros.
Desde 1999 estuda música clásica da India co mestre Pandit Sankha
Chatterjee. Con Josef Kiss traballa a fusión entre danza, Butoh e
Body Work desde 1997, e fundan unha agrupación de danza en 2000. A estrea
mundial da súa primeira cooperación coreográfica “How is this for a start to
your day?” tivo lugar no 5º Festival Internacional de Solos de Danza de
Stuttgard onde conseguiu un 2º premio e o premio do público. Con esta peza gañou
o 1º premio no 7 MASDANZA, festival internacional das Illas Canarias 2002.
Realizou pezas de danza para producións cinematográficas multimedia. Tamén
traballa con varios coreógrafos en Alemaña, Bélxica, España, Austria e
Suecia. O espírito do seu novo espectáculo resúmeo a alemana neste texto: “parece ser que a nosa mirada xira arredor do Tempo. segundo a segundo o noso sistema de escritura nervioso pinta os sinais da alarma e da acción, da retirada e da fame pura. O pestanexo, a ollada quieta do ángulo visual, a ollada aberta, as esgazaduras e as fendas permanecen ó xirar os ollos. nunca vexo a miña fronte, o que non podo ver de min está exposto ó exterior, é para alguén, está con alguén. quizais nada é máis evidente cando é invisible para min. a ausencia do normal” O seu espectáculo de danza estará no Teatro Galán de Compostela os días 9, 10 e 11 de decembro ás 22 horas. 07/11/04 O guitarrista de blues Edu Manazas actúa no bar Aturuxo: Farao acompañado pola Whiskey Tren. Chega de Madrid e dedícase ó blues. Pouco máis sabemos…31/10/04 La Kinky Beat volve a Bueu. Tocará no Aturuxo tras pasar este verán pola Noite do Trasno: Este grupo barceónes dedícase ó rocksteady, rock de fusión e festeiro. Algúns dos seus músicos levan moito tempo neste mundo e chegaron á La Kinky Beat despois de formar parte de Trimelón de Naranjus ou Radio Bemba. Desta volta chegan ó Morrazo cun disco novo debaixo do brazo: Made in Barna. Este traballo mestura sons reggae e ska con ecos balcánicos e mediterráneos. Fusión e diversión no Aturuxo24/10/04 Hip hop brasileiro no Aturuxo: actúa o rapeiro Bnegao acompañado dos Selectores de Frequência: Bnegao comezou a ser coñecido tras de participar na primeira festa Hip Hop Rio no 1999. Chamou a atención polas súas letras e a súa base musical experimental. O proxecto deste letrista foi medrando e agora toca xunto á banda Os Selectores de Frequência. No concerto do Aturxo deste domingo 24, Bnegao presentará o seu traballo “Enxugando Gelo”, un disco no que se perciben influencias de jazz, samba e funk dos anos 70.28/08/04 O Festival da Lúa Meiga, en Redondela, xunta a Quempallou e ós Carunchos: É a súa terceira edición e para ela poñen, un á banda doutro, a dous grupos folc festeiros. A actuación é no lugar do Viso, en Redondela e a entrada é de balde 22/08/04 O grupo de baile “Retrouso” actúa no adro de Cela este serán de domingo: Faino invitado pola Comisión das Festas da parroquia co gallo dos festexos do Carme. Baile, gaita e pandeireta; de maiores e de pequenos. O espectáculo folclórico completo é o que poderán ver os que se acheguen ás 20.30 horas ó adro de Cela, en Bueu. O grupo de pandeireta estreará en público o Tango da Illa de Ons e cantará pró baile un maneo de Cabaleiros, da provincia da Coruña. Os gaiteiros marcarán o tempo do pasarrúas e tocarán prá maioría dos bailes. O protagonismo principal estará nestes últimos. As tres muiñeiras dos pequenos e outros cinco bailes dos maiores completarán a actuación que, probablemente, peche as saídas desta tempada de verán. Despois diso, as miradas centraranse na excursión de fin de curso de setembro e no lanzamento da nova tempada de escolas e actividades. 22/08/04 O Coro de Cela actúa por vez primeira na igrexa románica da parroquia buenense: Catro cancións sacras compoñen o repertoiro fundacional desta coral organizada pola asociación “Retrouso de Cela”. A primeira actuación sempre é especial. Non será a mellor, haberá máis nervios e medo ca nunca, pero non se esquecerá. O Coro de Cela vai cantar este domingo na misa maior da festividade da Virxe do Carme, na parroquia de Cela. O escenario será o piso alzado da igrexa parroquial do século XII. Sonoridade completa e impecable desde as alturas e cara ó altar. Serán catro cancións as que interpreten os quince cantores do Coro de Cela. “A Asociación Cultural “Retrouso de Cela” fundou hai menos dun ano este coro. Conta como directores cos profesores e músicos Carme Pereira e Manuel Torreira. 21/08/04 V Festa Folk de Vilariño. Os Diplomáticos, Noitarega e máis...: A praia de Vilariño, no Concello de Cangas, encherase de foliada e música de calidade o sábado 21 de agosto. Na quinta edición da Festa Folk de Vilariño, a asociación cultural “O Gato” trae ó Morrazo ós Diplomáticos e ó grupo de música tradicional Noitarega. Ademais, estarán no escenario de Vilariño, a título persoal, Anxo Lorenzo, gaiteiro moañés de Espíritu 986, e Xosé Liz, gaiteiro de Alfolíes. Para remata-la festa, a banda morracense Sons E(s)thereos interpretará o seu repertorio de mesturas galaico-irlandesas cheas de frescura. Este concerto celébrase tras dunha semana de actividades que van desde os contacontos ata o cine na praia. A entrada neste areal festivo é de balde. 16/08/04 “Retrouso de Cela” actúa en Beluso: O grupo de gaitas e as escolas de baile e pandeireta amenizarán as festas de san Roque da parroquia buenense. O grupo de gaitas comezará a tocar ás 12 do mediodía. Fará un pasarrúas desde o lugar da festa, no centro de Beluso, ata a igrexa parroquial, sita na estrada que leva ó cabo Udra. Esta é a primeira parte do espectáculo. Despois, ó remnate da misa maior, arredor das 13.30 horas, chegará a segunda parte. Empezarán o espectáculo as alumnas de pandeireta e canto, que interpretarán unha muiñeira corrida de chamada á festa. Inmediatamente despois, os rapaces da escola de baile bailarán tres muiñeiras ó son das gaitas e a percusión. A actuación será necesariamente curta para que a xente non canse e marche a comer. A contratación da agrupaciñon “Retrouso de Cela” realizouna a Comsiiñon de Festas de Beluso. 14/08/04 Django FM pon fin á Noite do Trasno. Durante toda a tarde realizaranse obradoiros e xogos para entreter ós que quedaron de acampada: Ás 18 horas comezarán as actividades no cabo Udra. Haberá xogos, obradoiros e clowns. Ás sete da tarde actaurán cuartetos tradicionais de gaita. Ás dez, de novo, comezará principal oferta musical. Matraca Perversa inaugurará o acto. É un grupo galego de “troula” segundo se definen. Seguirao a banda La Fritanga, de Madrid, que se adica ó ska-rock. Despois, tocará La Kinky Beat, grupo barcelonés de rocksteady. Os últimos músicos deste ano na Noite do Trasno será os de Django FM, madrileños de Raggamufin 14/08/04 Ecléctica Ensemble e Ruote acompañan a Quempallou no festival “As nosas músicas” da Estrada: A novena edición da Noite da Música tradicional “As nosas músicas” do Couso, na localidade da Estrada, terá este ano un interesante cartel. Empezará o concerto o colectivo de música tradicional Ruote; despois tocará a charanga da asociación “O Fiadeiro”, de Vigo; tras eles sairán ó escenario os músicos de Quempallou e finalizará o espectáculo Ecléctica Ensemble, grupo con compoñentes da calidade vocal e instrumental de Ugia Pedreira e Davide Salgado. O festival iniciarase ás 23 horas no lugar do Couso. Está organizado pola asociación cultural xuvenil A Xesteira. 13/08/04 A terceira edición da Noite do Trasno bota a andar. Xochimilca e Ardentía porán os sons máis galegos no cabo Udra: As actividades comezarán en Beluso, Bueu, o día 9 de agosto, con exposicións, contacontos e pasarrúas. Pero o máis grande centrase nesta fin de semana. Ás 20.30 horas, o grupo “Lembranzas da Ría”, dirixido por Manolo Cobas, fará unha exhibición de baile tradicional galego. A partir das dez das noite, chegarán os grupos de música. Xochimilca vén de santiago, froito das escolas de Cantigas e Agarimos. Vén de gañar o premio de Radio Obradoiro, aquel que hai cinco anos gañou Quempallou. Ardentía leva xa anos no panorama folc galego. Música ben feita, tradicional, traballada e festeira. Terrakota vén de Portugal e practica o reggae. O fin de festa darao o grupo Black Baudelaire, composto por franceses amantes do hip hop. 12/08/04 O espectáculo “Son de aquí” chega a Pontevedra. Treixadura, Leilía e o actor Quico Cadaval, entre outros, propoñen arredor de cinco horas de baile, música e improvisación teatral: “Son de aquí” está organizado polas pandeireteiras de Leilía e os gaiteiros de Treixadura. Pero hai máis. Estes gaiteiros veñen acompañados polo seu orfeón, vén o actor Quico Cadaval e tamén un pequeño grupo de baile tradicional. A idea é achegar ó público unha representación aproximada do que eran antes as festas, ó tempo que se combina cunha música e interpretación beilladeira de gran calidade. O espectáculo será pola noite na praza da Ferrería, insertado no programa das festas da Peregrina de Pontevedra. 08/08/04 Quempallou pecha o festival máis antigo de Galicia, o de Pardiñas, en Guitiriz. Vai pola súa vixesimoquinta edición ininterrompida: As Estremonías de Quempallou viaxan por segunda vez ó festival de Pardiñas. Hai dous anos fixérono para abrir o concerto. “De día e coa xente aínda sobria”, declara o gaiteiro e cantante Guillerme Ignácio. Pero desta vez farano como un dos cabezas de cartel. Este domingo, compartirán escenario con Nómada, co grupo escocés Macfeck e cunha banda de rusos e galegos, Gwenlann, que fan música de fusión. Guitiriz está na Terra Cha, en Lugo, entre Vilalba e o límite coa provincia da Coruña. O concerto do sábado reunirá en Pardiñas a Susana Seivane; ó grupo Veria –banda dedicada á recollida de melodías da Terra Cha e tamén a un folc evoluído-, á factoría mallorquina Grallers de Sa –que se centran na recuperación de instrumentos tradicionais baleares, entre os que se atopan a gaita catalana, o sac de gemecs-; e o grupo de rock navarro Skalariat. Durante esta fin de semana. Haberá tamén unha feira de artesanía -xeral e de instrumentos- e diversas exposicións de pintura, escultura e fotografía. A asociación cultural Xermolos leva vintecinco anos organizando este festival. 07/08/04 O Jarbanzo Negro ofrece un concerto en Aldán: Este grupo de rock é bastante coñecido no Morrazo. Ten estado en concertos pola zona. Este verán, a maioría dos seus compromisos están a ser en Catalunya e por España adiante 07/08/04 Grupos galegos e sons electrónicos dan remate ó festival “Terra de Sons”: Os grupos locais Freetanga, Gavu Vs Danko e Dios Ke te Crew comezarán a festa esta noite en Aldán. O grupo de hip hop de Ordes, Dios Ke te Crew, é o mellor considerado de Galicia no seu eido. O fin de festa no campo de San Amaro porano os pinchadiscos Maral Salmassi e Víktor Flores. Agárdase que continñue a festa ata altas horas da madrugada.O prezo en venda anticipada para os dous días de festival, con acampada incluída é de 18 euros. Por separado, a domvenres custa 12 euros e a do sábado 6. Os puntos de venda anticipada son Tienda, Tipo e Sinsalaudio, en Vigo; o Aturuxo, en Bueu; e o bar Menduíña, en Cangas. 07/08/04 Luar na Lubre e Carlos Jean, en Nigrán: Luar na Lubre vén de sacar novo disco, ó fin. Titúlase Hai un paraíso. Carlos Jean adícase á música electrónica e á producion discográfica. Ten bastante sona a nivel estatal. Estarán acompañados por Sara Vidal. 06/08/04 O festival “Sons do Atlántico” leva a Quempallou ata o Algarve: O concerto será na localidade da Lagoa, no sur de Portugal. O grupo galego compartirá escenario con Marenostrum, un grupo taliano de música étnica con aires de rock e jazz. Con este concerto, Quempallou emprenderá unha fin de semana que os levará o sábado 7 a Vilar de Santos, en Ourense, e o domingo 8 ó festival de Pardiñas, en Lugo. 06/08/04 Comeza en Aldán o festival “Terra de Sons”. O Jarbanzo Negro e Ojos de Brujo abren o evento: O Jarbanzo Negro é sobradamente coñecido nos festivaias morracenses. Ojos de brujo vén de Barcelona e mestura o flamenco con outras tendecias como o funk, o hip hop e o son cubano. Despois, actuarán os roqueiros Atom Rhumba, Soak e Mev. O concerto desenvolverase no Campo de San Amaro, en Aldán. O prezo en venda anticipada para os dous días de festival, con acampada incluída é de 18 euros. Por separado, a domvenres custa 12 euros e a do sábado 6. Os puntos de venda anticipada son Tienda, Tipo e Sinsalaudio, en Vigo; o Aturuxo, en Bueu; e o bar Menduíña, en Cangas. 01/08/04 XX Festival Intercéltico de Moaña: Mercedes Peón e Xose Manuel Budiño: Peche espectacular para a vixésima edición ininterrompida do Intercéltico de Moaña. Mercedes Peón abrirá o concerto co seu Ajrú ás 22.30 horas no palco do paseo marítimo. O encargado de poñer fin ós tres días de concertos e feiras de artesanía será o moañés Xosé Manuel Budiño. Budiño presentará ante os seus veciños o seu novo traballo, Zume de terra, catro anos despois da súa última actuación na súa localidade. O gaiteiro e compositor estará acompañado en escena polos seus músicos, por Anubía, polo cantante e pandeireteiro Davide Salgado e polo prestixioso guitarrista portugués Júlio Pereira. 31/07/04 Os Diplomáticos presentan o seu disco Komunicando ó público de Mos: Para os do Morrazo, que saiban que este é un anticipo do seu concerto o 21 de agosto en Cangas, nunha das praias do Hío. O ano pasado triunfou unha Noite do Trasno co seu fresco rock galego.31/07/04 Marín acolle un concerto de La Unión e Domine Cabra: É un dos concertos do Xacobeo. La Unión leva máis de vinte anos no panorama musical español. Domine Cabra é un grupo folk noviño que presenta unhas composicións sólidas e agradables.31/07/04 XX Festival Intercéltico de Moaña: a banda irlandesa Altan e o ex acordeonista de Mestisay, Miguel Afonso: Este acordeonista presentará o seu disco en solitario, Monólogo de un acordeón. Curiosamente, non o fará só, senón acompañado de frauta, baixo e batería. Formou parte de grupos como Mestisay e Tarantela e leva anos recollendo melodías tradicionais canarias de comezos do século XX. Altan, pola súa banda, é un dos grupos de referencia da música tradicional irlandesa. Ten realizado xiras por Xapón, Europa, Estados Unidos ou Australia. O concerto comezará ás 23 horas no palco do paseo marítimo de Moaña 30/07/04 XX Festival Intercéltico de Moaña: Berrogüetto e o grupo escocés Boys of the Lough: Este venres comeza unha das máis atractivas edicións do Festival Intercéltico de Moaña. Ás 23 horas, no palco do paseo marítimo, tocará a banda Boys of the Lough, qu na súa ampla carreira acumula máis de cincuenta xiras polos Estados Unidos. Despois, Berrogüetto defenderá o seu traballo Hepta. 30/07/04 Quempallou remata xullo tocando no Rosal, en Pontevedra 29/07/04 A cantante lusa Dulce Pontes canta en Castrelos: Participará no festival “Para Vigo me voy”. Chega no medio dunha xira que a está a levar por Italia, Francia, España e Portugal. O concerto comezará ás 23 horas 25/07/04 As festas da Fraga, na Pontes, acolle un concerto de Quempallou: Está tamén na provincia da Coruña. Esta festa celébrabase desde o 1904 nunha illa do río Eume poboada de carballos e chamada A Balsa. Pero unhas obras para unha central térmica afundiron –literalmente- a illa e desde aquela celébrase nunca carballeira normal e corrente coñecida como a Fraga de Dona Rita. De aí vén o nome da festa24/07/04 Soak e Porretas, entre outros, na segunda edición de Hermelo Alternativo: A parroquia buenense de Hermelo volverá ser un fervedoiro de rock na véspera do Día de Santiago. Os arredores da súa famosa cruz vibrarán cos sons dos grupos Safety Pims, Soak, Kaotico e Porretas. A entrada é de balde e hai espazo para a acampada. 24/07/04 A calidade gaiteira de Treixadura, en Marín: Este grupo de gaiteiros adícase á recuperación, actualización e dignificación das melodías e modos de tocar a gaita da terra. Fano con éxito desde hai catorce anos e esta noite actuarán en Marín.24/07/04 Kepa Junkera, no Festival da Fraga, nas Pontes: O acordeonista vasco actuará xunto ós galegos Mutenrohi e os irlandeses Dervish. Dervish está composto por seis homes e unha muller. Levan gravando discos desde 1993. Presentarán en Galicia o noveno, titulado Spirit.22/07/04 Berrogüetto reaparece por terras pontevedresas cun concerto en Sanxenxo: Subirá ó escenario tras do grupo tradicional Treixadura. Berrogüetto segue de xira co seu xa non tan novo disco Hepta18/07/04 Ardentía presenta Retellando ante o público de Miño: O grupo de Luís Prego presentará no concello sureño o seu último disco. 18/07/04 Serán en Marín: Organizado pola asociación Trompos Os Pés. Comezará ás 21 horas na praza do Reloxo de Marín. 18/07/04 Os músicos de Quempallou non paran e actúan en Dumbría, A Coruña: Pero non en Dumbría capital, non. Na parroquia de Berdeogas, que comentan pola rede que ten un río moi fermoso cun paseo moi ben feitiño. Dumbría está nos arredores de Santiago.17/07/04 Quempallou viaxa a Gondomar 16/07/04 Os Cempés actúan no Rosal, ó sur de Pontevedra: O grupo ferrolano presentará o seu último traballo, Moe a Moa 16/07/04 David Bowie segue o sendeiro do Xacobeo: Acompañado por The Cure, Muse e Support, tocarán esta noite no Monte do Gozo, en Santiago.15/07/04 Os Chemical Brothers e Massive Attack, entre outros, no Monte do Gozo: Compartirán escenario con Iggy and The Stooges, The Darkness e o grupo Support. Este espectáculo forma parte da programación do Xacobeo coñecida como “Concertos do Novo Milenio”. Realizaranse no Monte do Gozo, en Compostela.11/07/04 O festival de Ortigueira recibe a Carlos Núñez e Quempallou: Tras dous días de música a rachar, a vila coruñesa remata co grupo que arrasou o ano pasado no escenario Runas.Será o domingo no escenario principal. A páxina oficial do Festival anuncia: Nova Danza Galega, The Chieftains and Carlos Núñez e Quempallou. A Nova Danza é un proxecto nado dunha escisión do Ballet Galego Rey de Viana que aposta forte e con calidade pola fusión do baile tradicional coa danza clásica. Os irlandeses e Núñez non precisan presentación: son o dúo estrela que o ano pasado non puido brillar como debería en Ortigueira por causa da chuva, e por iso repiten. E, de colofón final, Quempallou pechará o vixésimo aniversario do Festival tras de ser a sorpresa do ano pasado no Runas -o escenario secundario-. Esa é a gran final e o que máis afecta ó Morrazo. Para os interesados na acampada libre, a convivencia en paz e a boa música en xeral, os outros dous días tampouco están nada mal. O venres 9 desmontarán o local Os Cempés co seu novo disco, despois de que Alan Stivell (da Bretaña) e Kila (Irlanda) lles vaian quentando os pés ó público. O sábado 10 o prato final da noite será Susana Seivane. Pero tamén estarán esa mesma noite Karma (Bretaña), Capercaillie (Escocia) e La Bottine Souriante (do Québec). Todo isto salferido de outros intersantes concertos no escenario Runas, de desfiles de bandas de gaitas pola vila e multitude de actividades paralelas como exposicións de fotografías, de instrumentos tradicionais ou un obradoiro de baile. 10/07/04 A obra “El diario de Adán y Eva”, de Mark Twain, no Auditorio de Cangas: O autor estadounidense escribiu esta historia ambientada no Buenos Aires de 1956. Nesa cidade, dúas personaxes –representados por Miguel Ángel Solá e Blanca Oteyza- móvense entre amores desterrados e admiracións mutuas recreando tamén algunhas pasaxes da mellor literatura clásica.A obra dirixida por Manuel Ángel Gil dará comezo este sábado ás 22.30 horas. 04/07/04 Retrouso actúa por segundo ano consecutivo na Festa do Viño Tinta Femia. O espectáculo centrarase na gaita, aínda que tamén terá parte de canto e bailarán os rapaces da escola de baile. Será este domingo ó mediodía, tirando contra as 13 horas. A actuación do grupo de gaitas Retrouso estará apoiada polas súas pandeireteiras e as escolas de baile para darlle viveza e maior vistosidade ó espectáculo. Esta será a actuación central e última da festa, pois despois só quedará facer a adoitada homenaxe ós colleiteiros participantes –dezaseis este ano-. O venres pola noite actuarán a banda de gaitas “Mazaroca”, do Hío e o “Xarángallo Mángallo”, de Marín. O sábado ó mediodía tocará a banda de música “Artística de Bueu” e, pola noite, fará o propio a banda de gaitas “Airiños de san Xulián”, de Marín. Esta é a sétima edición da Festa do Viño de Cela, organizada pola Asociación de Veciños de Cela para destacar a calidade deste fermento propio da zona. 03/07/04 A obra de García Lorca, “Doña Rosita la Soltera”, en Cangas: Interpretado pola compañía Teatro del Norte, de Asturias. Esta compañía fundouse no 1985 e leva máis de vinte obras representadas. Está especializada en autores españois e, nos últimos anos, particularmente en Lorca.“Doña Rosita la Soltera o el lenguaje de las flores” foi escrita e estreada no 1935, un ano antes do asesinato do autor e na súa madurez literaria. Nesta obra, o granadino segue obsesionado polos temas da soidade, a incomunicación e o paso do tempo a través da aparente sinxeleza da personaxe de Doña Rosita. A obra representarase no Auditorio de Cangas a partir das 20 horas. O director de Teatro del Norte é Etelvino Vázquez e os tres actores son Ana Díaz, Moisés González e Javier Expósito. 03/07/04 A obra de García Lorca, “Doña Rosita la Soltera”, en Cangas: Interpretado pola compañía Teatro del Norte, de Asturias. Esta compañía fundouse no 1985 e leva máis de vinte obras representadas. Está especializada en autores españois e, nos últimos anos, particularmente en Lorca. “Doña Rosita la Soltera o el lenguaje de las flores” foi escrita e estreada no 1935, un ano antes do asesinato do autor e na súa madurez literaria. Nesta obra, o granadino segue obsesionado polos temas da soidade, a incomunicación e o paso do tempo a través da aparente sinxeleza da personaxe de Doña Rosita. A obra representarase no Auditorio de Cangas a partir das 20 horas. O director de Teatro del Norte é Etelvino Vázquez e os tres actores son Ana Díaz, Moisés González e Javier Expósito. 03/07/04 Eskorzo é o cabeza de cartel da última xornada de concertos en Chan Darquiña: Os seus compañeiros de escenario serán “Desechos”, “San Blas Posse” e un grupo que aínda non coñecemos. “Desechos”, os antigos “Hechos contra el decoro”, son madrileños adicados ó funk e ó hip hop. “San Blas Posse” practica o ska e chega tamén da capital madrileña. Ás 12 horas desenvolveranse obradoiros de papel reciclado, coiro e malabares. Ás 16.30 comezará unha ruta de sendeirismo polo río da Fraga. Ás 18 horas proxectaranse varias curtametraxes e ás 20 horas haberá unha exhibición de break dance. 02/07/04 Primeira xornada do Festival de Músicas Itinerantes de Chan Darquiña: Maneta de Camioneta, Django FM, El Tío Calambres e Los High Sierras. Toda a noite do venres chea de música no monte de Moaña. Grupos novos apegados ós estilos pop, rock, hip hop e música electrónica e de fusión é o que pretende ofrecer a Asosiación Sosiocultural Matajullos coa organización deste festival. “Maneta de Camioneta” é un grupo sevillano que se define como de “funk, rock, jazz e fusión”. “Django FM” vén de Madrid e ofrece música mestizaxe e pachanga. Tamén da capital de España chega “El Tío Calambres”, grupo de sons máis hip hop e funk. Por último, o toque galego porao a banda “Los High Sierras”, de Vigo. Naceron no ano 2001 e adícanse en corpo e alma ó rock. O festival inclúe acampada libre e multitude de actividades –talleres, proxeccións, sendeirismo…- que estarán máis centradas no sábado 3.
02/07/04 A igrexa pontevedresa de San Bartolomé acolle o concerto dun coro infantil, o Ragazzi Boys Chorus de California: Esta coral actúa normalmente coa Orquestra Sinfónica de San Francisco. O seu bo facer foi recoñecido no ano 2000 cunha nominación ós Grammy a través da súa colaboración nun cedé da devandita orquestra interpretando a Stravinsky. Leva dezaseis anos traballando baixo a batuta de Joyce Keil. Reúne a máis de cen rapaces de entre 7 e 18 anos nados na baía californiana. Algúns destes cantores levan tempo participando en festivais e encontros corais europeos. O concerto na igrexa de san Bartolomé comezará ás 20.30 horas. Se queren achegarse máis a este grupo de rapaces, poden picar nesta páxina. 24/06/04 As Escolas Retrouso celebran a fin do curso cunha demostración de baile, gaita e pandeireta no colexio de Cela:A partir das dez da mañá comezará no CEIP da Torre, en Cela, o festival da fin do curso. Os alumnos de música farán unha exhibición do aprendido durante o curso con frautas, xilófonos e toda clase de ritmos. Despois, como colofón final, as escolas de baile; gaita e percusión; e canto e pandeireta de Retrouso actuarán diante dos seus compañeiros de clase. Serán dúas pezas de gaita, dúas de pandeireta e tres de baile. Para máis información, pica nesta noticia sobre o evento. 30/05/04 Retrouso actúa nas Festas de Resille: Pola mañá, o seu grupo de gaitas fará un pasarrúas e, ás sete da tarde, os apartados de baile, pandeireta e gaita ofrecerán xuntos un espectáculo variado e de calidade nesta terra, dividida entre Marín e Bueu.O pasarrúas matutino tirará máis cara a Ardán. A actuación da tarde durará a arredor dunha hora e servirá de estrea prá escola infantil de canto e pandeireta de Retrouso, que conta con catro nenas. Ademais diso, o espectáculo irá combinando pezas de gaita e cantadas. Os beilladores adaptaranse ás músicas, beillando tanto dunhas como das outras. Na festa de Resille ofrécese churrasco gratis a todo visitante que se achegue nesa tarde de domingo 28/05/04 O Ciclo de Cine dos Mozas e Mozos de Beluso péchase con “Fucking Amal”, do sueco Lukas Moodysson: Amal é a aburrida vila á que Agnes, de 16 anos, se muda cos seus pais. Problemas de escola e de corazón marcan a existencia da moza, que estoupan no día do aniversario do seu nacemento. Fucking Amal (Suecia-Dinamarca, 2001) é a primeira longametraxe de Moodysson, recoñecido director de curtas. A última proxección do Ciclo de Cine comezará ás 22 horas no Centro Social do Mar de Bueu. 23/05/04 Quempallou continúa o world tour de presentación do seu disco “Estremonías”: O último concerto que ofrecen estes arroutados músicos en maio celebrarase na noite do domingo 23 na vila coruñesa de Ponteceso. 22/05/04 O innovador proxecto de Carlos Blanco, Dillei, visita o Auditorio de Cangas: Teatro combinado con música galega e electrónica. Iso é o que ofrece Dillei. Carlos Blanco, actor consagrado e xenial humorista, chega ó Morrazo cunha obra que leva percorridas decenas de vilas no que vai de ano. Dillei está a ter moi boa acollida en tanto que xunta a súa calidade escénica coa música de Ecléctica Ensemble e o DJ Keison. En Ecléctica Ensemble, que estiveron na Noite do Trasno hai dous anos, están varios profesores do Conservatorio de Música Folk de Lalín, entre as que destaca Uxía Pedreira. A Música tradicional e a revolución escénica de Blanco logran unha curiosa reflexión sobre o ser galego e noso existir sobre a faz da terra. Dillei está escrita, dirixida e protagonizada por Carlos Blanco. Apoia o texto sobre a música e as videocreacións realizadas polo grupo Sr. Pause, formado por Roi Fernández e Isaac Cordal, que estudaron Belas Artes en Pontevedra. A obra ten dúas partes. Unha na que se ironiza sobre a música tradicional e as súas letras. Outra, na que se fai unha incursión no futuro. Deste futuro, Blanco conta a historia de catro super-heroínas que se coñecen unha noite do ano 128 despois do Prestige. O espectáculo comezará o sábado 22 de maio ás 22.30 horas 21/05/04 “En construcción” (Barcelona, 2001) é o terceiro filme do Ciclo de Cine dos Mozos de Beluso:. Máis de dúas horas de fita para entendermos como unha construcción pode troca-los camiños dun barrio. A cuarta longametraxe de Guerín está filmada no Barrio Chino de Barcelona. Conseguiu unha mención especial do xurado do festival de San Sebastián no 2001 e foi candidata ós Goya de 2002 como mellor filme documental. A obra proxectarase no Centro Social do Mar ás 22 horas. A entrada custa dous euros. O ciclo está organizado pola Asociación de Mozas e Mozos de Beluso en colaboración co Cineclube de Bueu 17/05/04 O grupo “Retrouso de Cela” actúa na romaría de Sanamedio, en Beluso: A romaría das Letras Galegas de Sanamedio alcanza a súa sétima edición. Este ano, as novidades da festa organizada pola asociación de veciños “O Progreso”, de Beluso, céntranse nos actos da tarde. Arredor das 18.30 horas comezará a actuación do grupo “Retrouso de Cela”. Retrouso ofrecerá ós que asistan á romaría popular un espectáculo no que predominará o baile, pero que estará combinado con pezas solistas de gaita e cancións das pandeireteiras da asociación. Tras Retrouso, “Os Carunchos” darán peche ó evento cun concerto. Pola mañá, como é costume, actuarán a Coral Polifónica de Beluso, ás 12horas, e a Banda de Música Artística de Bueu, ás 13 horas. O adro de Sanamedio estará ocupado por unha carpa en previsión de inclemencias meteorolóxicas. Tamén se recordará a figura do homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2004, o etnógrafo ourensán Xoaquín Fernández, “Xocas”. 17/05/04 Retrouso entrega os premios do XII Certame de Relato e Debuxo “Danzadeira”: O trío artístico “Os Carballiños”, de Mourente, será o encargado de sorprender e divertir ós rapaces que asistan á entrega de premios do Certame organizado por Retrouso. O acto comeza ás 11 da mañá do Día das Letras Galegas no Salón de Actos do Centro Socio-Cultural de Cela, en Bueu. 14/05/04 O Ciclo de Cine das Mozas e Mozos de Beluso proxecta o filme “Le petit voleur” (O pequeno ladrón): “Le petit voleur” (Francia, 1999) é a segunda longametraxe de Érick Zonca. Nela, o francés retrata cun realismo que se achega ó xénero documental a vida dun mozo de 20 anos que traballa de axudante nunha panadería e se converte en ladrón. Escenarios reais e nada de glamour; só aburrimento, suciedade e medo. O realismo social do filme recorda por momentos o estilo de Ken Loach. A proxección comeza ás dez da noite no Centro Social do Mar. A entrada custa dous euros. 11/05/04 A tropa de Quempallou toca na cidade de Ourense: Continúa coa súa xira de presentación antes de viaxar a Ponteceso, A Coruña e O Porriño. 08/05/04 Ponteareas acolle este sábado un novo concerto de Quempallou 06/05/04 Estremonías viaxa a Lugo: Os lugueses, xentes terremotas que xa vibraron varias veces co son de Quempallou durante as festas de San Froilán, poderán gabarse de ser dos primeiros en oír de viva voz o novo disco de Quempallou. Será no Club Clavicémbalo. 30/04/04 O vigués Julián Rodríguez pecha o Ciclo de Cantautores dos Mozos de Beluso: Este xoven compositor actuará na Casa do Pobo de Beluso a partir das nove da noite. Como todo o ciclo, a entrada custará 2 euros. Este Ciclo de Cantautores enmárcase dentro das actividades culturais que a Asociación de Moz@s de Beluso organiza de cara á celebración da Noite do Trasno, no cabo Udra 30/04/04 Quempallou emprende a xira de presentación de “Estremonías”. A primeira cita será en Outes, A Coruña: O disco aínda non está no mercado pero eles xa veñen dando caña. O de Outes será o primeiro dos oito concertos nos que, polo de agora, non está previsto ningún no Morrazo. Pra máis información, pica esta noticia 30/04/04 A Casa do coto recibe na súa programación cultural dos venres ó grupo Os Carunchos: Na apretada axenda dos venres, este local de Tomeza aposta polo grupo folk vigués Os Carunchos. Estes, que ultimamente estiveron por Bueu e por Meiro, presentarán en Pontevedra o seu último disco “Sen tempo non era”. A entrada é de balde. O concerto dará comezo arredor das 23 horas. 23/04/04 Gustavo Almeida, no Ciclo de cantautores de Beluso: Este venres, o brasileiro afincado en Pontevedra Gustavo Almeida cantará no casa do Pobo de Beluso, a partir das 21 horas. Temas propios e versións. 23/04/04 O grupo Xochimilca, parte de Cantigas e Agarimos, toca este venres na Casa do Coto: Xochimilca está formado pro xente da asociación Cantigas e Agarimos de Santiago. O concerto comezará arredor das 23 horas 21/04/04 Antonio Vega actúa en Pontevedra: O concerto será ás 21 horas e custará 15 euros en venda anticipada e 18 en taquilla. Antonio Vega e ex-compoñente de Nacha Pop. 16/04/04 Dúo de soprano e guitarra pra un concerto de música clásica en Cangas: Teresa Novoa será a soprano e Tomás Camacho o guitarrista. Ambos levan traballando xuntos varios anos. Xa no 2001 actuaron xuntos en París nunha homenaxe a Joaquín Rodrigo. O seu concerto de repertorio clásico dará comezo ás 20.30 horas. 03/04/04 O Xacobeo da Mocidade peregrina ata Pontevedra: A Tri Bus Band está dirixida por Piti Sanz e Kim García. Está integrada polos compoñentes dos grupos Loom, Sugar Mountain e Groove Fathers. Comezou a súa andaina polas principais vilas galegas en febreiro. En cada concerto, participan músicos históricos do rock galego dos últimos 25 anos, ós que, en esencia, se homenaxea con esta xira. En Pontevedra, ademais, a Tri Bus band estará acompañada polo grupo “Laio”.Laio está formado por algúns dos músicos que gravaron con Xosé Manuel Budiño os seus dous primeiros discos. Presentará o seu primeiro traballo, Luneda, que fusiona a música galega coa electrónica. O espectáculo do Xacobeo da Mocidade vai acompañado de videocreacións realizadas por alummnos da facultade de Belas Artes de Pontevedra, por xogos malabares e pinchadiscos galegos de diversos estilos. O recital alcanza as cinco horas de música ininterrompida. O concerto comezará ás 21 horas no Recinto Feiral. 03/04/04 Rosa Passos achega a Pontevedra a mellor voz da bossa nova brasileira. Presentará o seu último traballo “Eu e meu coraçao”: Rosa Passos comezou a súa carreira musical profesional no ano 1968. Desde aquela publicou dez discos, aldgúns deles fóra do Brasil. Na última década está vovlendo ás súas orixes e practica e desenvolve un fermoso repertorio de bossas novas, salsas e sambas. É cantante, guitarrista e compositora. Chega a Pontevedra a través do Ciclo “Voces do Jazz”, que xa trouxo a Rebekka Bakken e ten confirmada tamén a actuación do barítono Kurt Ellin. O concerto será no Pazo da Cultura ás 21 horas. A entrada custa 6 euros en taquilla e 5 na compra anticipada. Para esta compra pódese telefonar ó 902 434 443 ou visitar o portal de Caixa Galicia. 03/04/04 O fundador de Ollomol Tranvía, Santi Prego, presenta “Monólogo do imbécil” no Auditorio de Cangas: Santi Prego naceu en Vigo hai 42 anos. Participou en varios filmes, curtametraxes e series da TVG. Destacou sobre todo no eido teatral, onde fundou a histórica compañía Ollomol Tranvía, hoxe disolta.En “Monólogo do imbécil”, Prego utiliza todo o aprendido durante case unha década de experiencia como contacontos para enfrontarse só ó público. É unha historia disparatada, cómica. É a biografía dun home ó que todo lle sae mal, incluso antes de nacer. A obra, con texto de José Luís Prieto, botará a andar o sábado ás 22.30 horas. 02/04/04 Cancións de amor e droga a cargo de Albert Plá no Pazo da Cultura: O catalán interpretará textos e cancións do poeta Pepe Sales. Estará acompañado en escena pola actriz e pinchadiscos Judit Farrés, que interpreta espida o sentido das cancións durante o espectáculo. O cantante define o seu espectáculo como sorprendente, valente e pouco comercial. Este é o primeiro concerto do ciclo que o Pazo da Cutura organiza conxuntamente con la Fábrica de Chocolate, para dar saída a certo tipo de música e espectáculos máis alternativos. Neste mesmo ciclo pasarán por Pontevedra Josele Santiago e Antonio Vega. O espectáculo comezará o venres ás 21 horas. O prezo é de 12 euros en venda anticipada e 15 en taquilla. 31/03/04 Dous músicos da “New Tango Ensemble” anovan os xeitos musicais da música arxentina en Pontevedra. New Tango Ensemble naceu, curiosamente, en Barcelona. O seu obxectivo é difundir a música de Bos Aires a través de novas producións e inspiracións. Non obstante, non rexeitan o repertorio tradicional de calidade dos tangos arxentinos. O seu paso por Pontevedra darase no Café Moderno, ás 21 horas. A entrada é de balde. 30/03/04 O gaiteiro Óscar Ibáñez exporá as súas teses sobre o mundo da gaita nas marxes do Lérez a comezos do século XX: A conferencia insírese dentro do ciclo que o Concello de Pontevedra organiza arredor do coro “Aires d’a terra”. Celebrarase na galería Sargadelos ás 20.30 horas. 30/03/04 Pepón Nieto actúa en Cangas na obra “¡Excusas!”: Os actores que acompañan a Nieto son Ana Labordeta, Blanca San Román e Miguel Hermoso. Os catro interpretan esta comedia ácida e intelixente. “¡Excusas!” É unha das seis pezas teatrais que ten agora mesmo en cartel a produtora teatral Pentación. Para máis información visita a súa web. A obra comezará ás 20.30 horas no Auditorio Municipal de Cangas. 28/03/04 Encontro degustación do millo corvo en Meiro: Un ano máis, a Asociación Sociocultural, Deportiva e Xuvenil de Meiro culmina a súa actividade estrela, a recuperación do millo corvo, cun encontro etnográfico, gastronómico e cultural na aldea de Meiro, en Bueu. O programa de actividades do 28 de marzo en Meiro comeza ás 12 do mediodía coa presentación dun novo número da revista “A lingua do corvo”. Ás 12.45 actuará o grupo “Mardrago”. Durante o día, os asistentes poderán participar nos obradoiros de oficios artesanais de follaco e cestería, visitar o Muíño da Presa, onde se fai a muiñada do millo corvo, ou camiñar pola rota de sendeirismo que leva á fonte do Foxo e á Lagarteira. Ademais, na Casa da Aldea haberá unha exposición etnográfica e proxectaranse vídeos e diapositivas. Ás cinco da tarde celebrarase a charla coloquio titulada “Muíños e o seu arredor” e ás 18 horas actuará o grupo folk de Redondela “Os Carunchos”. Se sentes curiosidade por saber desta variedade de millo co gran negro, pica aquí. 27/03/04 A cantante norueguesa Rebekka Bakken achégase a Pontevedra antes de marchar cara a Alemaña: Rebekka Bakken é unha das voces máis consideradas internacionalmente no eido do jazz. Se queres saber máis dela, ou simplemente aprender como se fai unha web fermosa, visita o seu portal. Pra oíla cantar, a cita é no Teatro Principal ás 21 horas. Rebekka Bakken actuará en España só en tres lugares: en Tarrasa, en Mallorca e en Pontevedra. 26/03/04 Muiñada do millo corvo, día e noite: Antes da degustación do millo corvo hai que preparalo. Tras da semente, a recolla e a esfollada, este venres ábrese ó público a participación na conversión do gran negro do millo corvo en fariña no muíño de Meiro. Todo o día e toda a noite, como debe ser. 26/03/04 “He visto el cometa Halley dos veces”, unha obra de teatro que recupera o lado dramaturgo de Rafael Alberti: A Sociedade Española de Conmemoracións Culturais pretende con esta obra, e dúas montaxes máis, honrar a memoria do artista Rafael Alberti, do que este ano é o centenario do nacemento. Alberti foi poeta, pero tamén pintor, gravador, ilustrador, político e dramaturgo. A compañía El Cruce evoca a figura poliédrica do autor andaluz eludindo conscientemente os seus textos propiamente dramáticos. A obra comezará ás 21 horas no Pazo da Cultura. 26/03/04 A Casa do Coto recibe este venres ó grupo folk “Furrumalla”: Folk clásico dun grupo que comeza a facerse camiño. A música arrancará arredor das 23 horas en Tomeza 25/03/04 A obra completa de Faustino Santalices preséntase nun novo cedé en Pontevedra. Santalices foi o principal recuperador da zanfona en España: O acto terá lugar no Café Moderno ás 20 horas. O disco, promovido por Boa Music e o Concello de Pontevedra conta cunha introdución do músico de Milladoiro, Antón Seoane, distintas fotografías e un texto autógrafo de Santalices, que estaba en posesión da súa familia. Este traballo compendia tódalas gravacións que o gaiteiro e investigador fixo desde o 1929 ata o 1949 e inclúe dous cortes que nunca foron editados. 24/03/04 A ópera “Nabucco”, de Giuseppe Verdi, en Pontevedra: “Nabucco” é a primeira gran obra do compositor italiano Verdi. Giuseppe Verdi (1813-1902) é considerado o músico autodidacta por excelencia, pois aprendeu só a tocar o piano e a compoñer. Con “Nabucco” logrou o seu primeiro éxito internacional que o animou a compoñer febrilmente ata rematar dez óperas en a penas unha década. Nabucco, barítono, é un xeneral do exército de Babilonia que está a punto de atacar Xerusalén, onde os hebreos teñen retida á súa filla, Fenena. A partir de aí, unha historia de enganos e texemanexes políticos, da que non contaremos o final. Se queren ler unha sinopse da obra, pica aquí. A ópera será representada pola State Ópera de Bulgaria, ás 21 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra. 24/03/04 A compañía El cruce achégase á figura de Rafael Alberti a través dunha montaxe que elude os seus textos dramáticos. “He visto dos veces el cometa Halley”, en Vigo: Nesta cidade representarase ás 20.30 no Centro Cultural Caixanova. Para datos da obra, bota un ollo a esta noticia. 23/03/04 A State Ópera de Bulgaria presenta en Vigo a obra de Verdi, “Nabucco”: Ás 20.30 horas no Centro Cultural Caixanova. Para información sobre a obra, pica aquí 21/03/04 “Daquipayá”, o novo disco de El Combo Linga, no Aturuxo: O grupo madrileño El Combo Linga presenta esta noite en Bueu o seu novo traballo, “Daquipayá”, que interpretara o seu novo vocalista Markinhos, anteriormente cantante de Perro Flauta. Se queres ver a súa axenda de concertos, pica aquí. 19/03/04 A Casa do Coto vibrará cos sons metálicos do cuarteto “CGAbrass”: Pouco máis sabemos desta banda ca que son catro é se autodenomina cuarteto de metal. Pra enteirarse de máis, a única posibilidade é asistir ó seu concerto na Casa do Coto, en Tomeza, este venres a partir das 23 horas. 13/03/04 Raynald Colom, trompetista francés, en Pontevedra: Actuará acompañado da SPJ- Pontevedra Jazz Group. Raynald Colom reside en Barcelona. É un dos trompetistas de jazz con máis sona en Europa, a pesar da súa mocidade, pois ten 25 anos. O seu concerto comezará ás 21.30 horas no Teatro Principal. 12/03/04 “Os enxebres de Cacheiras”, que continúan a estela dun grupo nado nos anos corenta, toca este venres na Casa do Coto: Foron os netos dos fundadores os que se decidiron a refundar o grupo “Os enxebres de Cacheiras”, que, por outra banda, estivo activo ata a morte dun dos seus gaiteiros, en 1998. Cuarteto tradicional de Teo, A Coruña. O concerto comezará arredor das 23 horas. Para máis información... 08/03/04 Nova Galega de Danza achega a súa fusión de danza clásica e baile tradicional a Pontevedra: Naceu no ano 1988, cando os bailaríns Vicente Colomer e Jaime P. Díaz se decidiron a mesturar danza clásica e tradicional na súa propia compañía de artistas. Presentarán no Pazo da Cultura de Pontevedra o seu espectáculo “Alento”. 29/02/04 O prodixio da harmónica Antonio Serrano trae o seu jazz a Bueu: Ó bar Aturuxo, como non. Serrano tocará de seguro algún tema do seu primeiro traballo propio, gravado coa banda de Joshua Edelman, titulado “En el Central”. O traballo foi gravado en directo na sala “Central”, de Madrid. É impresionante a capacidade expresiva que alcanza Serrano coa harmónica, capacidade que o sitúa a altura de grandes clásicos do jazz americano como Larry Adler. Desta vez, achégase inmerso nun proxecto titulado “Southamerican Jazz Project”, e os instrumentos que o acompañarán serán o piano, o baixo e a batería. Máis información na súa páxina persoal.
29/02/04 Enterro do paxaro. Desfile, choros, testamento e queima do paxaro de mal agoiro de Bueu para dar por finalizado o Entroido: No desfile participarán previsiblemente tódalas comparsas do Concello e algunha foránea. A lectura do testamento correrá a cargo do gañador do concurso que o Concello preparou para tal fin e a historia rematará indiscutiblemente coa morte entre insultos do paxaro de mal agoiro. 27/02/04 Festival de comparsas en Bueu. A murga “Os da Cangalla” participará no certame buenense tras de actuar con éxito en Cela, Cangas e Marín: Este festival comeza arredor das nove da noite, nunha carpa colocada ó efecto. A actuación da comparsa de Cela está programada para ser entre as 21.30 horas e as 22. no festival actuarán doce grupos. Está organizado polo Clube de Balonmán de Bueu. 22/02/04 Festa de disfraces no adro de Cela. Actuará a comparsa “Os da Cangalla”:A festa comezará ás cinco da tarde. Haberá un concurso de filloas e comidas tradicionais destas datas. Tamén haberá música para os nenos e maiores que vaian disfrazados. Está disposta unha carpa no adro da parroquia buenense de Cela. Ás sete da tarde está programada a actuación dos cantantes de “Os da Cangalla”. A festa está organizada pola Asociación de Veciños de Cela. 22/02/04 O hard-rock dos cacereños de Maggot Brain no Aturuxo: O uso de tres guitarras é a contundente aposta deste grupo que, polo demais, ofrece rock do clásico, dese que non deixa indiferente a ninguén. Eles defínense como músicos de rock and roll cabezón, suoroso e guitarreiro. Teñen un disco gravado e rematan en Bueue unha xira que os levou en Galicia a dous locais na provincia da Coruña.Máis información na súa web Presentación da reedición do disco de Aires d’a Terra, cen anos despois: O acto público terá lugar no teatro Principal de Pontevedra ás 20.30 horas. Participarán o gaiteiro Óscar Ibáñez e o grupo folc Treixadura. Aires d’a Terra foi o primeiro disco galego. Gravouno o coro pontevedrés do mesmo nome dirixido polo egrexio gaiteiro e boticario Perfecto Feijoo.15/02/04 O grupo lugués de heavy-metal Latem actúa no Aturuxo de Bueu: Se todo vai segundo o previsto, o domingo 15 vai ser de escándalo na sala Aturuxo. Non só Latem, senón tamén o grupo asturiano de métal Innerself estarán en Bueu. Innerself é a referncia do heavy metal na comunidade asturiana. Mentres, a banda Latem naceu hai tres anos en Lugo e están a turrar ben forte para sacar o seu proxecto musical adiante. Xa teñen algunhas maquetas e demos realizadas. 15/02/04 Perico Sambeat tocará tamén en Bueu coa SPJ Pontevedra Jazz Group: Un día despois de facelo en Pontevedra, o prestixioso saxofonista valenciano desprazarase ata Bueu para ofrecer un concerto no Centro Social do Mar. Custará 4 euros e comezará ás 20 horas 14/02/04 Quempallou toca en Ourense ó día antes de poñerse a gravar: Actuará na Sala La Burbuja acompañado polos compañeiros de Jarbanzo Negro. Hai que recordar que a mediados de febreiro comezarán a gravar o seu segundo disco, “Estremonías”. 14/02/04 O ciclo “Con voz propia” trae a Pontevedra ó andaluz Javier Ruibal: Interpretará as pezas do seu último traballo discográfico, “Las damas primero”. A partir do flamenco, Javier Ruibal compón un universo de influencias que fusiona e entremestura tódolos ritmos e orixes: música asiática, americana ou africana. A entrada custa 6 euros por anticipado e 8 na taquilla. O concerto comezará ás 21 horas no Pazo da Cultura. 14/02/04 O saxofonista valenciano Perico Sambeat no teatro Principal de Pontevedra: Actuará acompañado da banda do Seminario Permanente de Jazz-Pontevedra Jazz Group. Sambeat é un dos músicos de jazz español con maior prestixio internacional. Leva editados doce discos. O último titúlase “Friendship”, do 2003. O seu concerto realizarase no teatro Principal de Pontevedra ás 21.30 horas dentro do ciclo de jazz “Pontejazz 2004”. Entrada de balde 08/02/04 O Ballet de Moscova interpretará “O lago dos cisnes” de Tchaikovsky en Cangas: A partir das 20 horas, no Auditorio Municipal.Esta compañía de ballet coñecida mundialmente chega ó Morrazo da man de Caixanova. A entrada custa 12 euros. 08/02/04 “Payo Malo”, hip-hop flamenco na sala Aturuxo: O grupo Payo Malo naceu en Granada pero ten varios compoñentes de Terrassa. Con lírica orixinal, enérxica e intelixente, Este grupo de hip-hop mantense aberto á influencia de estilos como o funk ou o flamenco, sen caer en estereotipos ou folclorismos. Chegan a Bueu cun disco no mercado, “Con tierra en los bolsillos”, e outro en proxecto. Actuará este domingo no horario habitual da sala. Máis información... 07/02/04: O novo disco de Mercedes Peón fará vibrar o Pazo da Cultura. En Pontevedra, inserida no Ciclo “Con voz propia” organizado polo Concello de Pontevedra, Mercedes Peón volverá á cidade do Lérez para presentar o seu último traballo: “Ajrú”. Será no Pazo da Cultura a partir das 21 horas. As entradas conséguense en Caixa Galicia ou no teléfono 902 43 44 43. Custan 6 euros por adiantado e oito euros na porta. Se xa non recordas quen é Mercedes Peón, bótalle unha ollada á entrevista que lle fixo Retrouso cando publicou “Isué”. 30/01/04. O cuarteto tradicional “Picuíña” toca este venres na Casa do Coto: O festeiro grupo marinense comezará o concerto ás once da noite. 23/01/04. O grupo os Lerenses actúa na Casa do Coto, en Tomeza: Pouco máis ca o nome sabemos deste grupo de música. A entrada é de balde e o concerto comezará polas 23 horas. 15/01/04. Reunión da Rede Democrática do Morrazo: Ás 20 horas, na casa da Cultura de Cangas, celébrabase este xoves a xuntanza para os que cren que é é preciso un verdadeiro cambio no camiño vital da democracia española. Se queres poñerte en contacto con eles, o seu e-mail é rededemocratica@morrazo.org, e podes lograr máis información na web da Plataforma Anti-Vía Rápida do Morrazo, en www.morrazo.org. 16/01/04. Os Cempés en Vigo: Seguen coa ampla xira de lanzamento do seu novo disco, Moe a Moa. O concerto é na sala Sete Mares. 16/01/04. O grupo Anacos de Buxo actúa na Casa do Coto, en Tomeza: A partir das 23 horas 10/01/04. Entrega de premios do Concurso infantil de postais de Nadal: A sala de exposicións Amalia Domínguez Búa acolle este sábado ás cinco da tarde a entrega de premios do Concurso de postais de Nadal. Estas postais estiveron expostas na sala desde o martes 16 de decembro ata o 7 de xaneiro. 09/01/04. Presentación do libro “A estrela dos polisóns”, de Luís Rei Núñez: O escritor coruñés volve á novela tras do seu premio Xerais de Narrativa do 2000, “Expediente Artieda”. Esta historia reconstrúe con emoción un ano na vida dun neno no seu salto á adolescencia, nun arredor de mar e mariñeiros rudos camiño de Guinea. A presentación terá lugar no museo Massó ás 19 horas. Intervirán a encargada do museo, Emma Tilves, o concelleiro de Cultura, Miguel Roma e o director de Xerais, Manuel Bragado. 06/01/04. O Cantar de Reis de Cela interprétase tras da misa: A misa comeza ás once. O máis probable é que remate arredor das once e media ou doce menos cuarto. Os Reis volven tras cincuenta anos de silencio 06/01/04. O mago Javier Muro no Centro Social: Ás seis da tarde. Organizado polo Concello e por dous euros, Javier Muro entreterá ós rapaces que se pasen polo Centro Social do Mar de Bueu co seu espectáculo de maxia de man. 06/01/04. Misa dos Santos Reis no Valado de Bueu: A banda de gaitas Manxadoira fará pasarrúas e logo actuará no adro da capela dos Santos Reis. A misa solemne comezará ás 12.30 horas e logo haberá a tradicional procesión cos santos arredor da capela. A Comisión dos Santos Reis informan que haberá agasallos prós nenos e bebidas e roscón de reis pra tódolos asistentes. 06/01/04. Concerto de panxoliñas das corais de Bueu e Beluso: A Coral Polifónica de Bueu, o coro de Beluso e a coral Maruxía de Bueu ofrecerán a partir das 21 horas un concerto de cancións de Nadal no Centro Social. 05/01/04. Cabalgata de Reis: Ás cinco da tarde do luns está prevista a saída das carrozas realizadas polos colectivos sociais buenenses ó longo das rúas do casco urbano de Bueu. Como é costume, caramelos e confeti serán repartidos pra alborozo dos máis pequenos, simbolizando os presentes que os máxicos personaxes lle fixeron ó neno Xesús. 04/01/04. O grupo de teatro Migallas presenta obra en Bueu: O seu título é “Cousas que pasan”. Comezará ás 20 horas no Centro Social. A entrada custa 4 euros. 04/01/04. Lembranzas da Ría celebra o seu vixésimo aniversario: O grupo de baile Lembranzas da Ría, de Aldán, organiza unha actuación especial pra este domingo. Ás 18 horas da tarde festexará no Auditorio de Cangas o seu ano número 20 como agrupación 03/01/04. Festa da terceira idade no Centro Social: Ás 21 horas comezará a primeira festa do ano 2004 prós maiores do concello de Bueu. 02/01/04. Cine en Beluso: Filme de interese infantil e xuvenil na Casa do Pobo de Beluso ás 17 horas 30/12/03. Excursión a Compostela: O club Golfiños organiza unha excursión á capital de Galicia no día previo á ruptura da porta santa que dá inicio ó Ano Xacobeo. A saída efectuarase ás 9.30 horas da mañá. Ás 5 da tarde, por outra banda, comezará a proxección dun filme de cine infantil na Casa da Aldea de Meiro 29/12/03. Consello Municipal de Cultura: Tódalas asociacións de Bueu, culturais ou con actividades culturais, están convidadas a participar nesta xuntanza cos responsables da área do Concello. Na reunión tratarase de conformar unha programación cultural estable pro ano 2004, ademais de consensuar un plan de mellora das infraestruturas culturais e de informar ás devanditas asociacións dos cambios que precisan facer pra adaptarse á nova lei de asociacións. O Consello é ás 20.30 horas no Salón de Plenos do Concello. 29/12/03. Cine infantil en Cela: Ás cinco da tarde comezará no Salón de Actos do Centro Sociocultural a proxección dun filme dirixido ós máis pequenos. 28/12/03. Concerto da Escola Obradoiro de Música e animación de rúa: Ás seis da tarde, no Centro Social do Mar, está programado o comezo do concerto da Escola de Música. Mentres, de 17 horas a 19 e tamén pola mañá, unhas mascotas de animación e uns motociclistas saltaríns procurarán de dar un ambiente festivo ás rúas do centro urbano de Bueu. 27/12/03. Ramorta Jazz Quartet no Centro Social: O grupo de jazz actuará a partir das dez da noite deste sábado. A entrada custa dous euros. 26/12/03. Codia e Miolo en Beluso. Os contacontos actuarán ás 17 horas na Casa do Pobo. 23/12/03. Máis actividades pra nenos en todo o Concello. Contacontos, cine e Actívate no Nadal. O grupo de contacontos Codia e Miolo acudirá ás cinco da tarde á Casa da Aldea de Meiro. Nese mesmo instante, dará comezo na Casa da Cukltura de Bueu unha sesión de cine infantil e xuvenil. Pola mañá, a actividade Actívate no Nadal comezará a realizarse en Beluso. 22/12/03. Arranca con forza o Nadal en Cela: O obradoiro para nenos “Actívate no Nadal” volve organizarse nas instalacións do Torrecino en horario de 11 a 13 horas. Ademais, pola tarde, ás 17 horas, o Centro Socio-Cultural de Cela contará coa actuación dun contacontos. 21/12/03. Seguen os labores de animación da rúa: Zancudos pola mañá e Papá Noel, cun axudante, pola tardiña serán os encargados de dar cor e movemento as rúas buenenses. 20/12/03. Os Carunchos en concerto no Centro Social: O grupo folc Os Carunchos actúan esta noite, a partir das 22 horas, no Centro Social de Bueu. Interpretarán maiormente pezas do seu último disco, “Sen tempo non era”, que presentaron en sociedade no Concello o verán do 2002, no III Festival Retrouso de Cela. A entrada custa 4 euros. 16/12/03. Comeza a exposición das postais de Nadal na sala Domínguez Búa: Estarán á vista tódolos traballos participantes no Concurso Infantil de postais de Nadal, que se divide en tres apartados: de menos de cinco anos, ata 9 e entre 10 e 13 anos. A exposición estará aberta ata o 7 de xaneiro do 2004 e os que a visiten poderán face-las veces de xuíces e votar ás postais das que máis gusten. 14/12/03. III edición do Cross escolar en Chans: Arredor de sete autobuses tentarán non quedar atrapados na terra branda de Chans tras de tanta chuvia. Varios colexios participarán neste zonal de cross que se está a converter nun clásico ó alcanzar xa a súa terceira edición en Cela. As carreiras comezarán ás 10.30 horas da mañá e rematarán aproximadamente ás 13.30. 14/12/03. Tatuaxes e globos pra animar as rúas de Bueu: Dende as 12 do mediodía ata as 14 horas, uns expertos en globoflexia sorprenderán ós que paseen polas rúas de Bueu. Pola tarde, de 5 a 7, o entretemento ofrecido polo Concello basearase na confección de tatuaxes con motivos navideños. 7/12/03. Ciclo de cine galego: Ás 20.30 horas, de balde, na Casa da Cultura de Bueu, proxectarase “O lapis do carpinteiro”. Ópera prima de Antón Reixa como director cinematográfico baseada na novela do mesmo título de Manolo Rivas. 28/11/03. Presentación do libro “No país do Nunca Máis”, de Xurxo Lobato: O fotógrafo máis prestixioso do xornal La Voz de Galicia, Xurxo Lobato estará ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Bueu pra presentar o seu libro: “No país do Nunca Máis”. Fotografías da marea negra, da limpeza e das mobilizacións, acompañadas de textos de autores do renome de Manuel Ribas ou Suso de Toro compoñen este libro dunha grande calidade visual.O galego Xurxo Lobato recibiu o Premio Ortega y Gasset de xornalismo do 2002 27/11/03. Charla sobre os represaliados na Guerra Civil: O historiador da Universidade de Santiago de Compostela, Emilio Grandío será o encargado de falar sobre “Os represaliados na Guerra Civil Española”.Ás 20.30 horas, no Centro Social do Mar. 23/11/03. Concerto de Santa Cecilia de Manxadoira:No concerto participarán as bandas de gaitas Manxadoira de Bueu e Tromentelo de Coiro. O concerto servirá tamén de homenaxe á coñecida familia de gaiteiros morracenses, os Barros.A actuación será ás 18 horas no Centro Social do Mar de Bueu. 22/11/03. Concerto de Santa Cecilia da Banda de Música Artística de Bueu: Ás 19 horas do sábado, no Centro Social do Mar, a Banda de Música Artística de Bueu celebrará o seu concerto na honra da patroa dos músicos, santa Cecilia. Durante o concerto, de dúas partes, entregaránselle un diploma ós novos músicos que pasan a integrar a banda, os clarinetistas Pablo Piñeiro e Marina Lorenzo. O repertorio achegará temas de Bizet, Ricardo Trinidad ou do galego Pascual Veiga. 22/11/03. Mesa redonda arredor do cabodano do Prestige: Representantes dos catro partidos políticos con asento no Concello, e expertos en ecoloxismo, dereito e comunicación sentarán esta noite a partir das 20 horas ó redor dunha mesa no escenario da Casa da Cultura de Bueu pra reflexionar sobre a xestión, as causas e as consecuencias do accidente do petroleiro Prestige. O acto está organizado pola Asociación de Moz@s de Beluso e estará precedido polo visionado dunhas cintas sobre a marea negra. 14/11/03.Xornadas sobre protocolo oficial e empresarial: Destacados profesores e profesionais de importantes empresas e organizacións galegas e españolas participarán durante esta fin de semana na segunda edición das Xornadas sobre protocolo oficial e empresarial organizadas pola asociación xuvenil Caramuxo, presidida polo veciño de Cela, Aleixandre Cobas.Con esta edición, a asociación pretende afianza-lo prestixio deste cursiño a nivel galego e senta-las bases pra próximas campañas aínda máis ambiciosas. A cota de inscrición é de 60 euros. 10/11/03. Charla sobre a Axenda 21 Local: O luns, ás 18 horas, na Casa da Cultura de Bueu, segunda charla animada pola Consellería de Medio Ambiente. Desta volta sobre a participación cidadá na Axenda 21 Local 8/11/03. Charla sobre a vivenda climática: O sábado, ás 11 da mañá, na Casa da Cultura de Bueu, charla sobre a vivenda climática. Promovida pola Consellería de Medio Ambiente 6/11/03 Reunión das asociacións culturais co Concello pra tratar o tema da cabalgata de Reis: O 6 de novembro, ás 20.30 horas, reunión das diferentes asociacións interesadas en participar na organización da cabalgata de Reis deste ano. A reunión será na Casa do Concello, co concelleiro de Cultura, Ensino e Persoas maiores, Miguel Roma. 21/10/03. Nova exposición fotográfica na Amalia Domínguez Búa: A partir do 21 de outubro poderase observar na sala de exposicións Amalia Domínguez Búa de Bueu a exposición fotográfica “Galiza profunda”. Esta exposición busca reflexar os costumes e tradicións dos pobos do interior de Galicia. O autor, Daniel Fernández, é francés de ascendencia galega. 05/07/03. Festa do viño de Cela. Como xa é tradición, un ano máis, celébrase esta popular festa que aposta por un dos mellores productos da nosa parroquia. O "tintafemia de Cela", de moita sona nas comarcas colindantes, é o protagonista desta festa. Ás 8 da tarde, o grupo de gaitas "Retrouso" de Cela amenizará a apertura deste evento que se prolongará ata o día 7, en colaboración co grupo de pandereteiros desta mesma asociación. 01/06/03. Día da Familia. Actuación do grupo de baile na explanada do cabo Udra (Beluso) ás 12 da mañá; intercalado coa actuación da banda de gaitas "Manxadoira" de Bueu. Terán lugar diversas actividades como xogos populares, partidos de fútbol e balonmán, etc. 07/06/03. Rural Rock. Un ano máis o festival Rural Rock quere achegar á aldea de Meiro, no concello de Bueu, unha mistura de música que tenta ser do agrado de todos os amantes dos concertos ó aire libre. O concerto dará comezo ó redor das 22:00h.
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|