![]() |
|||
|
|
|
||
|
“Retrouso” funda unha coral na parroquia de CelaEste venres celebrase a reunión fundacional do Coro de Cela, organizado pola Asociación Cultural Folclórica “Retrouso de Cela”. A coral estará dirixida por Carme Pereira, veciña de Portomaior, profesora no IES Johán Carballeira de Bueu e profunda coñecedora do mundo da dirección coral. Carme Pereira xa foi fundadora exitosa da coral do instituto de Bueu e dirixiu o coro Quodlibet do concello buenense. Tamén colaborou con diversas corais de Cangas e Moaña e formou parte do prestixioso coro Camerata ad Libitum de Ponteareas. O Coro de Cela agarda atraer a xente de tódalas idades, mozos e maiores, homes e mulleres. Non é preciso saber solfeo, pois empezarase desde a base. Con esta actividade “Retrouso de Cela” busca dinamizar o panorama cultural da parroquia, na que nunca ata o de agora existiu un coro destas características. É unha experiencia innovadora pensada para desenvolverse no salón de actos do Centro Sociocultural de Cela, que aínda permanece pechado. Polo de pronto, a reunión fundacional servirá para que os participantes se coñezan e para buscar un horario de ensaio que permita a maior asistencia posible. A cita é ás 22 horas na antiga escola do Torrecino. Retrouso convida a tódolos veciños e veciñas de Cela e dos arredores a que se impliquen no proxecto e se animen a cantar no novo Coro de Cela.
|
|
|