Conferencia de Mercedes Peón

 

Conferencia de Mercedes Peón arredor das pandereteiras o 3/12/02 no Auditorio de Galicia, nun encontro galego portugués, de Música sen fronteiras.

 

Os ritmos ternarios son os máis ancestrais: ¾, 6/8.

A ribeirana era a do pobo, é a máis antiga. A punteada (nova) era máis culta.

Os ritmos africanos e amazónicos son ternarios. É a orixe rítmica do ser humano, enriquecida por todo o que nos rodea: andar dos pés, golpes da ola, ritmos de traballo: mallar no liño (creaban cancións a contrarritmo), ou collendo o tono do eixo do carro, ad libitum, collían ese ton e construían melodías (cantos dos carreteiros).

Hai dous tipos de instrumentos tocadores:

  • Membranófonos, que teñen unha membrana, algo que fai que soen: pandeiro, bombo, pandeireta.

Os homes tamén tocan. A sociedade galega antes era patriarcal pero bastante igualitaria. A muller era como a dama no xadrez.

Os ritmos máis ancestrais son muiñeira e jota, os ternarios. Hai culturas distintas dentro de Galicia (fala, danzas) por incomunicación..., pero cun nexo común: lingua...

  • Idiófonos: o propio corpo é sonoro: lata de pemento (en zonas sustitúe ó pandeiro), culleres, tarrañolas, platos cos dedais... Todo o que tiña un timbre agudo.As tocadoras mantiñan un nivel agudo tremendo, facían unha especie de trance tocaban con ritmos ternarios e voces moi agudas.

 As melodías das ribeiranas empezaban xa seguindo o ritmo do propio ritmo, acabando en decadencia. Logo os punteados son máis evolucionados, con retrousos, melodías máis evolucionadas.

Tiñan varias funcións: lúdico (sexo...), festividade (Entroido, regueifas das vodas), de traballo ou andando dunha vila a outra...

Esmorece pola emigración, a modernidade. Os fillos non recoñecen a arte dos seus pais. No interior, os parentes renegan do pasado e non queren escoitar os maiores, e estes non poden transmitir a súa sabedoría.

No 1980 xorde xente en A Coruña...

A muller de pandeireta non era considerada música, iso era o gaiteiro, o que cobraba.

oxe a cadea de transmisión rota pasa de avós a netos.

No paso de vila a cidade, fanse concursos, pra competir quixeron ser auténticos e volveron á vila, ó rueiro, e recuperan.

 Diferencias entre: recollida de campo; performance (imitar o que recolles), tradicionalismo (tentar seguir o propio da túa zona), creación (dentro das bases étnicas nosas).