![]() |
|||
|
|
|
||
|
A hermida de san Lourenzo volve estar en territorio de Cela Retrouso / Cela
A sentencia anula o acto administrativo dun Consello da Xunta do 2000 que tratou este tema. Daquela, a administración galega reafirmou as aspiracións marinenses ó ratificar un deslinde firmado no ano 1938, en plena Guerra Civil, polo responsable local do Movimiento de Bueu. Fronte a ese documento, o TSXG fixo caso a outro anterior, do 1890. Ademais, a sala considerou abundantemente probada a ubicación da devandita capela na parroquia de Cela, pois existen varias referencias históricas do século XVII que así o confirman. O Tribunal tamén tivo en conta que cando o templo se deteriorou, o santo foi traslado á igrexa de Santa María de Cela, onde permanece aínda hoxe. Marín recorrerá O alcalde do Concello de Marín, Antonio Santiago, fixo pública a súa intención de “pelexar nos xulgados” por eses terreos. A seguinte vía de reclamación é o Tribunal Supremo. Desde Cela, os comuneiros afirmaron que non hai ningún problema en que o uso do monte sexa compartido, como, por outra banda, se veu facendo desde sempre.
|
|
|