Inicio

Quen somos

Onde estamos

Artigos

Eventos

Fotos

Ligazóns

 

 

 

 

 

 

 

 

Retrouso contacta con tódolos colectivos de Bueu para que coñezan o Caderno de Información Cultural da asociación.

Mediante unha carta enviada a tódalas asociacións do Concello, Retrouso agarda que os colectivos de Bueu saiban da existencia deste portal e comecen a gozar das súas vantaxes. 

Retrouso convida a tódolos membros do fío asociativo buenense a implicarse no proxecto e axudar na elaboración da axenda cultural informando ós responsables da páxina dos actos que cada organización programe ó longo do ano. Tamén lles resume a historia da páxina, os seus principios de funcionamento e se lles indica o modo de contactar cos responsables da web Retrouso. A misiva foi enviada o 12 de decembro polo que comezará a chegar ós seus destinos no comezo da semana do quince.

 

Se che apetece ler a carta completa, pincha aquí

 

  Opina sobre esta noticia