![]() |
|||
|
|
|
||
|
Carta enviada a tódalas asociacións de Bueu Asociación Cultural “Retrouso de Cela” Cela, 8 de decembro de 2003 Benqueridos compañeiros, Retrouso de Cela está a procurar levar adiante unha páxina web que pretende converterse en referencia de información cultural do concello de Bueu. A páxina (www.retrouso.es.mn) naceu a finais de maio do 2003 e estivo bastante parada durante todo o verán mentres buscabamos definir o seu estilo. Agora o que tratamos de facer é crear unha pequena rede de fontes informativas. Por iso esta carta. É sinxelo. A idea é que nos chegue información dos vosos actos para que poidamos subilos á rede. Ben a través do teléfono ou do e-mail. Por exemplo, as cartas que se envían a tódalas asociacións, que a nós se nos manden tamén polo e-mail para lograr maior prontitude. O enderezo é retrousocela@hotmail.com . Evidentemente, estamos abertos a calquera tipo de colaboración ou noticias a maiores que non sexan estrictamente as desas cartas. O motivo é simplemente facilitar o noso traballo. Somos afeccionados, como podedes supoñer, e trátase de facer o máximo e mellor que se poida no menos tempo posible. Buscamos facer unha especie de foro cultural de Bueu, lugar onde aparezan tódalas actividades do concello. Colgaríanse cun formato o máis informativo posible, é dicir, que non sería pegar directamente a carta na web, daríaselle un formato de noticia. En principio estamos tratando de actualizala semanalmente, cada domingo. Na páxina agora mesmo podedes atopar seccións de Noticias, Axenda Cultural e Artigos, ademais de poder consultar a carteleira do cine ou buscar páxinas interesantes nunha sección de Ligazóns que irá medrando co tempo. Moitas gracias pola vosa atención.
|
|
|