![]() |
|
|
BORRADOR DO REGULAMENTO DO COMPLEXO SOCIOCULTURAL DE CELA (BUEU) As aclaracións están no fondo Os municipios están obrigados dacordo coa lexislación vixente a exercer as súas competencias en materia de actividades ou instalacións culturais, ó tempo que se establece a prestación obrigatoria para os concellos cunha poboación superior a 5.000 habitantes do servicio de biblioteca. Para dar cumprimento a estas previsións e para satisfacer unha cada vez maior demanda cidadá crease no Concello de Bueu o Complexo Sociocultural de Cela. O Complexo Sociocultural de Cela constitúe unha infraestructura de participación cidadá que permite facilitar de xeito integrado e relacional que persoas, colectivos e asociacións poidan utilizar os servicios propios do complexo, do mesmo xeito que nas súas instalacións poden desenvolverse actividades organizadas polo movemento cidadán. TÍTULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1º. Obxecto e ámbito. O presente Regulamento ten por obxecto regular o réxime xeral da organización e funcionamento do Complexo Sociocultural de Cela. Artigo 2º. Definición. Para os efectos do presente Regulamento, enténdese por Complexo Sociocultural de Cela (en adiante CSC) as instalacións ubicadas en .........................., as cales se distribúen da seguinte maneira: a) CASA DA ALDEA (antiga escola unitaria do Igrexario) dotada cunha zona verde a través da que se pode acceder á biblioteca do centro sociocultural, e dun edificio de planta única equipado con dúas aulas de usos múltiples. b) CENTRO SOCIOCULTURAL dotado cunha área exterior urbanizada para uso sociocultural e dun edificio de tres andares no que se ubican os seguintes equipamentos: 1. PLANTA BAIXA: O salón de actos. 2. PRIMEIRA PLANTA: Un aula multimedia e unha aula de usos múltiples. 3. SEGUNDA PLANTA: A biblioteca maila sala de lectura. Artigo 3º. Principios de organización e funcionamento. 1.- A organización e o funcionamento do CSC garantirá o respecto ós dereitos fundamentais dos usuarios/as. 2.- Os distintos usos do CSC regulados neste documento deberán garantir a súa mutua compatibilidade, coidando especialmente de non xerar actividades ruidosas susceptibles de perturbar o normal funcionamento da biblioteca durante o seu horario de apertura, excepto nas ocasións puntuais en que así o autorice a dirección do CSC. 3.- O uso dos equipamentos do CSC polos colectivos inscritos no rexistro mpal. de asociacións requirirá de solicitude por escrito por parte destes só cando o uso non sexa puntual, caso no que abondará con facer a pertinente reserva no departamento de cultura do concello ou na dependencia que se designe ó efecto. No caso de actividades de máis dunha xornada, ou permanentes, os colectivos deberán cursar solicitude por escrito ó concello, achegando coa mesma a pertinente documentación suficientemente descritiva do uso solicitado (natureza da actividade, duración, horario, nº de beneficiarios/as, condicións de acceso, idades, cotas de pagamento, datos de profesorado, etc.). 4.- Os servicios bibliotecarios que se presten no CSC regularanse polo disposto no “Regulamento de uso de servicios municipais bibliotecarios” do concello de Bueu (BOP nº 113 do 31/05/02). Artículo 4º. Órganos de dirección. 1.- A dirección do CSC, integrada pola Concellería delegada de Cultura, así como polos técnicos de xestión, representa á Administración Local no mesmo e manterá relación funcional coa área de Política Social municipal. 2.- Con carácter xeral, corresponde á dirección do CSC o exercicio das seguintes funcións: a) Dirección, coordinación e inspección do funcionamento do CSC, e do seu persoal, de conformidade coas directrices del área de Política Social do concello. b) Desenvolvemento dos programas de actuación e proposta do orzamento do CSC e execución do orzamento municipal asignado. c) Asegurar o respecto ós dereitos dos usuarios/as e a recepción por estes/as dos servicios prestados polo CSC. d) Adopción de medidas que aseguren a continuidade de funcionamento do CSC. e) Aquelas, que en materia da súa competencia, lle sexan asignadas pola área de Política Social do concello. Artículo 5º. Servicios prestados. No CSC prestaranse os seguintes servicios: a) Actividades culturais, artísticas, recreativas e de lecer. b) Ensaios de grupos e reunións asociativas. c) Actividades formativas. d) Biblioteca e sala de lectura. e) Aula multimedia. Os servicios que non se presten directamente polo concello poderán ser: - obxecto de licitación mediante o procedemento establecido na lexislación sobre contratos das administracións públicas. - ofertados por colectivos inscritos no rexistro mpal. de asociacións previa autorización expresa e específica do concello. Artículo 6º. Prezos dos servicios. Os prezos que se estipulen como contraprestación polos servicios prestados serán aprobados polo concello de Bueu conforme á normativa específica que o regule.
TÍTULO II.- DA CONDICIÓN DE USUARIO/A
TÍTULO III.- OBRIGAS E DEREITOS DO/A USUARIO/A
TÍTULO IV.- CONDICIÓNS XERAIS DE USO DAS INSTALACIÓNS
TÍTULO V.- RÉXIME SANCIONADOR
Disposicións finais
Primeira.- Facúltase ó Alcalde-Presidente para que adopte cantas medidas sexan necesarias en orde á interpretación, desenvolvemento e execución do presente Regulamento.
Segunda.- Este Regulamento entrará en vigor trala súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, unha vez cumprido o prazo establecido no art. 65 da Lei 7/1985.
Sobre este texto traballaron o sábado 14 de decembro os colectivos de Cela xunto o alcalde de Bueu e o concelleiro de Cultura. Hai cambios na definición: Casa da aldea pasa a Casa do Torrecino e no Centro Socio-Cultural defínese de diferente modo. Os apartados “Órganos de dirección” e “Prezos dos servicios” son deses puntos obrigados en todo regulamento ós que non hai que darlles maior importancia da que teñen. Vamos, non significa que o Concello se vaia poñer a mandar máis ca nunca sobre as actividades de Cela. Os apartados sen desenvolver son dos rutinarios que máis ou menos se copian duns regulamentos a outros.
|